A Deputación organizará concursos comarcais de Bandas de Música
Mayo 8, 2008
A Deputación de Pontevedra aprobou onte a celebración dos primeiros concursos zonais de bandas de música que terán lugar o 5 de xullo en Deza, o 6 en Pontevedra, o 12 en Vigo, o 19 na zona sur e o 20 no Salnés.
As bandas participantes clasificaránse en cada zona en tres seccións: a primeira, tres bandas de 56 a 70 músicos; a segunda, cinco bandas de 46 a 55 músicos; e a terceira, seis bandas de 35 a 45 músicos. Cada agrupación poderá contar con tres instrumentistas alleos á formación e deberá interpretar dúas obras de libre elección, unha delas dun compositor galego.
O xurado, que será diferente en cada comarca, estará composto por cinco personalidades do mundo da música e valorará, de 0 a 10, aspectos como afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), interpretación e técnica en cada unha das dúas obras.
As bandas participantes recibirán por participar 1.800 euros na sección primeira, 1.500 na segunda e 1.200 na terceira. A Deputación concederá en cada sección e por cada zona un primeiro premio de 2.000 euros na sección primeira, de 1.750 na segunda e de 1.500 na sección terceira. O prazo de inscripción será de 20 días dende a publicación das bases no BOP.
En Deza, Tabeirós e Montes, o certame serár o 20 de xullo con bandas de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Cruces, Cerdedo, A Estrada e Forcarei. En Pontevedra, o 6 de xullo, concursarán agrupacións de Barro, Campo Lameiro, Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Fornelos, Pazos e Soutomaior. En Vigo, o 12 de xullo, as bandas pertencentes ó Concello de Vigo.
Na zona sur, o 19 de xullo, bandas de A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, Mondariz, As Neves, Ponteareas, Salvaterra, Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Baiona, Gondomar, Mos, Nigrán, Porriño, Redondela e Salceda de Caselas. E no Salnés, Ulla e Umia, o 20 de xullo, bandas de Cambados, O Grove, A Illa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía, Vilanova, Catoira, Portas, Pontecesures, Valga, Cuntis, Caldas e Moraña.
Entry Filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed