A Escola de Música Municipal de Mondariz ofrecerá un concerto este sábado día 10 de maio

Mayo 8, 2008

A Escola de Música Municipal de Mondaríz está a preparar xunto coa de Moaña unhas xornadas de convivencia para os sábados 10 e 17 de maio, sendo o 10 no Concello de Mondaríz e o 17 no de Moaña.
Nestas xornadas o que se pretende é que os alumnos conozan o funcionamento doutro centro e a outros rapaces ós que tamén lles gusta a música. Para isto os distintos grupos de cada escola van interpretar varias pezas, e por suposto tocaranse tamén algunhas pezas en conxunto.
“Para unha Escola xove como a de Mondaríz, que só ten 2 anos de vida é unha experiencia nova, e teremos a sorte de poder vivila cunha Escola xa cunha ampla traxectoria e con varios intercambios ás súas costas”, explican dende a directiva da escola de música de Mondariz.
As dúas xornadas de intercambio rematarán cun concerto (o de Mondaríz será este sábado 10 de maio ás 19:00 no patio da Escola, e se chove se trasladará ó auditorio do centro social), que será aberto ó público.

Entry Filed under: Mondariz. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds