Máis de 2.600 escolares visitarán o parque da Canuda, en Salvaterra, durante os meses de maio e xuño

Mayo 8, 2008

Un total de 2.620 nenos e nenas de 25 colexios da provincia de Pontevedra visitarán o Parque de A Canuda de Salvaterra durante os meses de maio e xuño. Os escolares veñen de diferentes centros educativos de educación infantil e primaria dos municipios de Vigo, Tui, Bueu, Salceda de Caselas, Covelo, Tomiño, Ponteareas, As Neves, Arbo e O Porriño. A eles hai que engadir tamén a excursión programada polo Club de Fútbol Sala San Xoán, que achegará ao parque a 50 persoas máis.
Segundo informou o Concello de Salvaterra, as máis das visitas realizarán un percorrido polo parque acompañados dun guía que lles explicará os detalles máis interesantes e curiosos da zona, aínda que nestes momentos hai a posibilidade de vir en días sen visita guiada.
No pasado mes de abril os centros que visitaron o Parque foron o Colexio Altamira  de Salceda  (55 nenos), o Colexio Fermín Bouza Brey de Ponteareas (171 nenos) e o CPI Ribeira de O Porriño (45 nenos).

Entry Filed under: Salvaterra. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds