O barrio do Casal, en Salvaterra, celebra as festas na honra da Virxe de Fátima
Mayo 8, 2008
O barrio do Casal en Salvaterra de Miño celebrará o vindeiro martes 13 de maio as festas na honra da Virxe de Fátima. Trátase dunha celebración que se repite dende fai trece anos por iniciativa das mulleres do barrio que integran a comisión de festas.
“Os homes son os organizadores dende fai moito tempo da Festa da Pascua, así que as mulleres dedicimos unirnos para organizar esta”, explica Mari Carmen Estévez Novoa, membro da organización.
Os actos na honra da Virxe de Fátima, que contaron coa colaboración da Concellería de Cultura que dirixe Marta Valcárcel, comezarán o día 13 ás 10:00 horas coa celebración da Santa Misa para seguir logo ás 12:00 horas coa misa solemne con procesión polo recinto da capela de Fátima no Casal. A imaxe será portada polos veciños. Ás 21:00 horas oficiarase de novo a liturxia relixiosa.
A partir das 16:00 horas chegará o turno da maratón e os xogos populares, mentres que a verbena comezará ás 22:00 horas coa actuación das orquestras Gran Parada e Miramar.
Entry Filed under: Salvaterra. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed