O concello de Covelo acolle o primeiro certame de Artespantallo
Mayo 8, 2008
A caza dos paxaros que se achegan ás hortas, o emprego de elementos máis innovadores como poden ser botes e garrafas entrechocándose e producindo sons, deixaron completamente de lado ás vestimentas arroupando estacas, engalanando a maioría das veigas.
Aqueles monecos de palla soian combinar con xoves e vellos e convertíanse en versións humanas facendo soar matracas e outros bártulos chegando na actualidade a pendurar nas suas polas Cds ou espellos.
Baixo o slogan Artespantallos preténdese recuperar aquel paisanaxe no rural, unha tradición esquecida quizais porque a despoboación e a avanzada idade de moitos labregos trouxeron o abandono dos campos. Como feito funcional, estético e realizado con certo cariño é unha idea para por en marcha coincidindo coa chegada das Pascuillas e de San Isidro, romarías vinculadas os traballos hortícolas.
A Asociación Cultural A Cañada da Arte, de ámbito nacional, ven de poñer en marcha o evento Artespantallos en colaboración e co patrocinio do concello de Covelo para reivindicar este sinal de identidade dos pobos e revivir as antigas costumes, ademais de dar a coñecer os valores culturais, etnográficos e artísticos do concello de Covelo, desafiando a artistas, colectivos, centros de ensino e mesmo veciños e colaboradores foráneos, maiores e cativos, para que realicen estas figuras esquecidas e revivir historias dos nosos antepasados.
Recuperar do pasado a practica habitual de colocar espantallos nas terras de cultivo do municipio de Covelo, de lado a lado, para que sexa visitada por xentes chegadas doutras localidades próximas é o obxectivo dos organizadores, así como fomentar un roteiro dos monecos e promocionar o paseo polo mesmo entablando conversas con persoas das parroquia. O camiñante encantarase coa paisaxe e a xente. Este roteiro farase público nestes días.
Igualmente levaranse a cabo outras actuacións, como o concurso de fotografía, recollida de contos sobre a figura do espantallo e unha mostra coas imaxes captadas polo obxectivo. Durante a celebración programada para os días 9 e 31 de maio, os nenos, xoves e menos xoves poderán gozar da intervención de Celso Fernández Sanmartín, un contacontos das terras do interior que chegará cun espectáculo basado no libro “Espantallo amigo” de Xosé Neira Vilas.
Nesta iniciativa colaboraron, establecementos, casas de Turismo Rural da zona, veciños das parroquias A Hermida, Prado, O Castro, Paraños, Fofe, Costal, Campo, do conterráneo Mondariz e outros procedentes de Vigo, Ourense e Portugal, que foron verdadeiros entusiastas e colaboradores das construcións de figuras que distraerán aos paxaros que voen durante estas xornadas baixo o ceo de Covelo, aínda que según o refrán “o espantallo só dous días engana aos paxaros: aos tres cáganse nel.”
A presentación está prevista para o vindeiro día 9 ás 18,00 horas na Rectoral de Santa Mariña de Covelo coa asistencia do alcalde, medios de comunicación e os colaboradores para posteriormente realizar unha visita polas veigas e hortas, próximas a paraxes de interese cultural, artístico e paisaxístico da zona onde están colocados os espantallos.
Entry Filed under: Covelo. .


Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed