O goberno de Ponteareas e a Deputación acordan remodelar o auditorio Reveriano Soutullo

Mayo 8, 2008

O Goberno de Ponteareas dirixiuse á Deputación Provincial de Pontevedra para que  a empresa adxudicataria das obras da praza da Música revise as filtracións de auga que soporta o auditorio Reveriano Soutullo e acordou executar, en colaboración co organismo provincial, un proxecto de reforma integral do interior do inmoble. A Deputación de Pontevedra xa deu orden á empresa que executou as obras de mellora na parte superior do auditorio que analicen os problemas de humidade e tomen as medidas oportunas. Arquitectos da empresa visitaron a zona e estudian as accións a levar a cabo para solucionar o problema.
Ademais, o Concello de Ponteareas e a Deputación Provincial levarán a cabo, unha vez solucionados os problemas de humidade, un proxecto de reforma integral no interior do auditorio, que contempla o cambio de butacas, o remate da climatización, o pintado e obras de albanelería e electricidade (iluminación e son).

O Goberno de Ponteareas, non obstante, lembra que o auditorio Reveriano Soutullo ten máis de 22 anos. Foi inaugurado en 1986 e o que antes eran pequenos problemas de humidade e na placa se agravaron co tempo, aínda que recoñece que as obras para a humanización e o aproveitamento da praza da Música influíron na aparición de máis filtracións, pero confía en que en pouco tempo queden solventados. Tamén chama a atención sobre a mellora que experimentou a citada praza coas obras, que incluíron a instalación dun parque infantil e o adecentamento e aproveitamento dun contorno que non tiña ningún uso por parte da cidadanía.

Ausencia de axudas por parte da Xunta

Por outra banda, o Goberno local de Ponteareas quere chamar a atención sobre a ausencia de investimentos para a mellora das instalacións culturais do termo municipal por parte da Xunta de Galicia nestes tres últimos anos. O Goberno dirixiuse en diversas ocasións ao executivo autonómico solicitando subvencións sen que este dera resposta ás demandas e, unha vez máis, será a propia Deputación de Pontevedra a que teña que colaborar na reforma deste importante inmoble.
Ademais, o Goberno quere puntualizar que a reforma do casco urbano de Ponteareas –tanto os traballos de asfaltado como os de humanización de rúas e prazas ou a mellora de inmobles- se fixo sempre cunha planificación previa.

Entry Filed under: Ponteareas. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds