O PSdeG-PSOE de Ponteareas presentou ante os medios de comunicación aos novos concelleiros do PSOE

Mayo 8, 2008

Na rolda de prensa convocada polo PSdeG-PSOE de Ponteareas compareceron os concelleiros Francisco Candeira, Delfín Domínguez Cerdeira e a nova concelleira María Jesús Garrote, así coma o novo Secretario de Organización Tomás González Mouriño.
O Secretario Xeral e portavoz do grupo municipal, Francisco Candeira, deu a coñecer os cambios importantes que se teñen producido no grupo municipal e na estructura orgánica do partido en Ponteareas, así coma as principais actividades a desenvolver pola agrupación local nos vindeiros meses.
Con respecto ao grupo municipal presentou aos medios de comunicación a concelleira María Jesús Garrote Represas que substitúe a Ana Fernández Soto. Destacou da nova concelleira a importante labor realizada no impulso para a creación do CRA (Colexio Rural Agrupado), así coma o traballo desenvolvido nas ANPAS en Ponteareas. Indicou que se encargará fundamentalmente da área de educación no Concello.
A nivel organizativo o máis significativo é o nomeamento de Tomás González Mouriño como novo Secretario de Organización, en substitución de Delfín Domínguez. O novo responsable da agrupación socialista ponteareán declarou que os obxectivos de cara ao futuro serán, por unha banda, aumentar a presencia social, mantendo o crecemento de afiliación e intervindo máis no movemento asociativo. A nivel político destacou un obxectivo claro: Ter o apoio suficiente en 2011 para poder gobernar Ponteareas. Por último, tamén lembrou que a colaboración do grupo municipal co Estado e a Xunta é fundamental para resolver os problemas dos cidadáns, coma foi o caso do novo instituto de ensino secundario.

Para rematar, Candeira deu a coñecer as actividades máis salientables nos vindeiros meses, anunciando a celebración de dous novos coloquios sectoriais cuxo obxectivo é reflexionar sobre temas de interese coa participación activa dos asistentes así coma dar a coñecer as propostas e a xestión que os socialistas fan sobre eles. O primeiro deles, coa participación do coordinador provincial do PSdeG-PSOE Modesto Pose Mesura e o seguinte coa participación do director xeral de desenvolvemento sostible Emilio Fernández Suárez, que falará dos aspectos medioambientais do desenvolvemento urbanístico.

Entry Filed under: Ponteareas. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds