Os comuneiros de Arcos, en Ponteareas, presentan o Roteiro dos Penedos

Mayo 8, 2008

A Comunidade de Montes de Arcos representada polo seu presidente, Eladio Iglesias, e o seu vicepresidente, Roberto Mera, acompañados do delegado provincial de Medio Rural, Gonzalo Constenla, presentaron aos medios de comunicación o trazado do novo Roteiro dos Penedos que se presentará en sociedade o sábado 10 de maio. O camiño ten un percorrido de 8,3 quilómetros, un grao de dificultade baixo e pode realizarse en aproximadamente catro horas.
“Tivemos moita colaboración por parte de todos os veciños”, sinalou Eladio Iglesias, “e anímanos  a seguir traballando”, engadiu. Para Roberto Mera este roteiro servirá para “poñer en valor á Picaraña que estivo moito tempo abandonada”. O Vicepresidente da Comunidade de Montes de Arcos informou de que se puxeron en contacto coa Federación Galega de Montañismo para situar o percorrido no mapa galego de sendeirismo e recuperar algunha zona de escalada. Pola súa parte o delegado provincial da Consellería de Medio Rural, Gonzalo Constenla, quixo dar os parabéns pola iniciativa. “A administración ten que apoiar aos proxectos que saen da sociedade”, asegurou, “sobre todo cando se crea unha multifuncionalidade do monte como é neste caso”.

Xornada inaugural
A xornada inaugural deste roteiro terá lugar o sábado 10 de maio ás 9:30 horas desde o barrio da Serra (no cruceiro). Äs 14:30 horas haberá un xantar no torreiro da festa de Arcos para o que hai que efectuar reserva (tel. 986 640 461, 986 641 092; 639 553 342). O prezo do xantar será de 16 euros (8 para nenos/as) e haberá música tradicional.

Entry Filed under: Ponteareas. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds