Ponteareas celebra o mes do Día das Letras Galegas con actos de animación á lectura en parques e prazas

Mayo 8, 2008

Coa organización das actividades denominadas “Mes de Maio, Mes das Letras”, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, a través da campaña “Achégate ao Libro” promoverá a lectura en galego entre os máis cativos e o público en xeral con actividades fóra das bibliotecas, nos parques, ao aire libre e, en definitiva, nun espazo de lecer que convide á lectura. Este ano, os libros abrirán as súas follas en varios escenarios e, así, o venres 9 de maio levaranse ao parque da urbanización Ponteareas Cidade, o 16 de  maio ao Parque das Pombas, o 23 á Praza Maior e o día 30 aos Xardíns da Xiralda, dende as 17.30 ás 20.30 horas.
“Achégate ao Libro” é unha campaña de dinamización do galego e de animación á lectura, que ten coma obxectivo promocionar a lingua entre o público infantil. Organizada polo Servizo de Normalización Lingúística, conta coa colaboración da Rede de Bibliotecas do Concello de Ponteareas.

Entry Filed under: Ponteareas. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds