Ponteareas súmase á tecnoloxía Wimax para implantar banda ancha en todas as parroquias

Mayo 8, 2008

O alcalde de Ponteareas e o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Salvador González Solla e Alberto Novoa, respectivamente, asistiron á presentación do proxecto Wimax Pontevedra, que permitirá a implantación da banda ancha con tecnoloxía Wifi en toda a provincia e que, en Ponteareas, significará completar a cobertura de banda ancha en todas as parroquias e mellorar a sinal.
O Concello de Ponteareas sumouse a este proxecto que promove a Deputación Provincial de Pontevedra, financiado con fondos FEDER, e que inclúe a instalación da rede Wimax/Wifi, unha tecnoloxía que permitirá a colocación de sistemas de videovixiancia en puntos sensibles do concello, a mellora da seguridade pública coa conexión das patrullas de policía a bases de datos, o acceso a internet en lugares públicos e de baixa cobertura, así como o apoio a determinados servicios públicos, como bombeiros ou ambulancias.
O proxecto Wimax Pontevedra achegará a sociedade da información aos sectores máis desfavorecidos pola súa situación xeográfica e fomentará o comercio electrónico. A iniciativa tamén repercutirá de xeito positivo na conciliación da vida familiar, a protección do patrimonio cultural e a mellora do contorno natural.
O sistema Wimax é unha alternativa sen cables ao acceso de banda ancha DSL e cable, e supón un xeito de conectar nodos nunha rede da área metropolitana.

Entry Filed under: Ponteareas. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds