O BNG de Arbo apoia as reivindicacións da ANPA do colexio Antonio Carpintero

Mayo 12, 2008

O BNG de Arbo ven de apoiar todas as iniciativas da ANPA no pasado pleno extraordinario que se celebrou por mor da problemática que están a sufrir as nais e pais arbenses de que os seus fillos e fillas teñan que cambiar de centro educativo para realizar os seus estudos do ESO; para lograr que a Consellería de Educación a través da Delegación Provincial de Educación tome a decisión de agrupar aos estudantes do ESO do Concello de Crecente e Arbo no IES Mestre Antonio Carpintero.
Dende o BNG pregúntanse que medidas adoptou o actual goberno municipal do PP en 16 anos cando o colexio de Arbo estaba ateigado de nenos e nenas e non había nin conserxe nin comedor.
“O goberno local sabía que a medida era de carácter temporal e que máis tarde ou máis cedo isto íase a producir e non fixeron nada para impedilo. Onde estaba o Alcalde arbense para defender os intereses dos cidadáns e cidadás de Arbo cando gobernaban os seus amigos na Xunta de Galicia? A resposta é ben sinxela, agochado e obedecendo as ordes dos seus xefes políticos”.
Así mesmo, os nacionalistas engaden que “agora nun claro acto de demagoxia os políticos do PP veñen a falar de desmantelamento de servizos no rural cando foron eles durante décadas os responsables da desestruturación social, económica e cultural do rural do noso País”.
O BNG arbense afirma que sempre defendeu e defenderá o benestar e os intereses dos veciños e veciñas por enriba das conveniencias políticas de cada momento e independentemente da cor política que goberne na Xunta de Galicia.

Entry Filed under: Arbo. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds