O Club de Bádminton As Neves sumou dous títulos no Campionato Escolar Galego

Mayo 12, 2008

O sábado 10 de maio de 2008 Ourense acolleu o Campionato Galego Escolar de Bádminton por equipos das categorías Infantil e Cadete, dentro do programa Competición Deportiva en Idade Escolar 2007-2008, patrocinado pola Consellería de Cultura e Deportes, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Deporte Galego e organizada polo Servizo Provincial de Deportes de Ourense, Federación Galega de Bádminton, Delegación Provincial de Ourense de Bádminton e os clubs de ourense Club Athlos e Universidade Laboral.
A competición celebrouse no Pavillón dá Universidade Laboral a categoría infantil e no Pavillón do IES As Lagoas a categoría infantil e resultou unha festa para todos os participantes con excelente encontros e gran nivel en ambas instalacións asi como unha gran labor organizativa por parte dos clubs ourensanos colaboradores no evento o Club Athlos e Club Universidade Laboral.

No Pavillón do IES As Lagoas con organización do club Athlos desputouse a categoría cadete e os dous equipos favoritos e actuais campións galegos non defraudaron e lograron repetir éxito. O Club Bádminton As Neves en mozas mostrouse intratable con dúas vitorias por 5-0 e só na final diante da Escola Carmelitas de Vigo cederon un punto gañando por 4-1 e repetindo o título do ano pasado. Os equipos ourensanos do IES Querquernis de Bande foi terceiro e o IES As Lagoas de Ourense foi cuarto.
O equipo do CB As Neves, campión estivo formado por: Andrea Fernández, Angela Soto, Nerea Alvés, Leticia Rodríguez, Erika Alvarez e Marta Sanchez.
Na categoría cadete masculina o CB Outes revalidou o título do ano pasado desputando a final co EDM de Cedeira ao que derrotou por 4-1 en semifinais derrotou á AD Limia por 4-1. Terceiro foi o CB A Estrada que derroto á AD Limia por 4-1
O equipo campión do CB Outes estivo formado por: Alfonso Mayo, David Mayo, Carlos Nine, Francisco Nine, Abraham Caamaño e Jonathan Rúa

No Pavillón dá Universidade Laboral con organización do Club Universidade Laboral desputouse a categoría infantil. En mozas o CB As Neves, actual campión, cumpriu o prognóstico de favorito e se alzo co titulo con certa facilidade disputando a final ao equipo local do Club Athlos, revelación do torneo, ao que derroto por 5-0. O Club Athlos realizo un excelente campionato derrotando ao CB A Estrada por 3-2 en ¼ de final, ao EDM de Cedeira por 3-2 en ½ final e perdendo só na final. Na loita polo terceiro posto o EDM de Cedeira derroto ao ED de Chantada por 4-1
O CB As Neves campión galego estivo formado por Alba Casas, Alba Blanco, Eva Martínez, Julia Pérez, Raquel Groba e Noa Covelo.
En rapaces salto a sorpresa e o actual campión o Club Bádminton A Estrada sucumbía na final diante das Escolas Deportivas Municipais de Cedeira A por un axustado 3-2. Na loita polo terceiro posto o EDM de Cedeira “B” derrotaba ao CB As Neves por 3-2, logrando desta forma as Escolas Deportivas de Cedeira colocar a dous equipos no podium infantil masculino.
Os campións do EDM Cedeira “A” aliñaron a Alejandro Montero, Antonio Rodríguez, Juan Rodríguez, Daniel Méndez e Alberto Rey.
O vindeiro 31 de maio, Ourense volverá ser escenario da fase final galega do Campionato Galego Escolar Individual de Bádminton.

Entry Filed under: As Neves. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds