O PSOE da Cañiza denuncia ante a Confederación Hidrográfica e Medio Ambiente a existencia de vertidos nos ríos Ribadil e Deva
Mayo 12, 2008
O grupo municipal Socialista da Cañíza, a través do seu voceiro Luis Antonio Gómez Piña denunciou ante a Confederación Hidrográfica do Noroeste e a Consellería de Medio Ambiente a existencia de vertidos nos ríos Ribadil e Deva procedentes do polígono industrial. Segundo os socialistas este feito ven sendo denunciado polos veciños e polo PSOE dende hai anos e, máis recentemente, polo grupo ecoloxista galego, Adega.
“O estado de contaminación é alarmante e representa un perigo para a saúde dos veciños de A Cañiza e de concellos como Arbo e Crecente que recollen auga dos citados ríos para regadío e consumo humano”, explica Saba González.
Así mesmo o PSOE engade que A Cañiza dispón dunha EDAR en estado de “abandono”, e asegura que parte dos vertidos industriais que recolle como residuos urbanos e outros vértense directamente ao río Ribadil.
Por todo isto o PSdeG-PSOE solicita que se tomen con urxencia as medidas pertinentes.
“O Concello de A Cañiza é consciente e responsable deste problema e leva anos evadindo responsabilidades ante un problema de contaminación que atañe seriamente á saúde dos veciños e á saúde medioambiental”.
Ademais, o PSOE asegura que a visita da deputada Nava Castro chega tarde, “agora que a contaminación nos ríos Deva e Ribadil está nunha situación limite é cando o PP pon en escena á deputada Nava Castro e á Senadora Dolores Pan do PP para enredar e tratar de confundir de quen é o causante e a responsabilidade deste caos medioambiental. Levamos 15 anos de denuncias de vertidos e do mal funcionamento da depuradora é fixéronse oídos xordos dende as autoridades, e dende o goberno municipal do PP de A Cañiza”.
Segundo os socialistas a única conclusión á que poden chegar as representantes populares Nava Castro e Dolores Pan é que o causante é o responsable político desta “tremenda desfeita medioambiental” esta nas filas do seu partido e chamase César Mera.
“Acaso van a pedir a recriminación do seu compañeiro de partido e Alcalde de A Cañiza desde a cámara baixa e alta do Congreso de Madrid ou estanse prestando a enredar e confundir? César Mera, é un inconsciente medioambiental, leva anos evitando tomar responsabilidades, creando infraestruturas municipais deficitarias, permitindo os vertidos e deixando no esquecemento á depuradora de A Cañiza. A depuradora necesaria e imprescindible para o polígono municipal estaba proxectada e nunca se fixo. Nunca se lles pedíu ningún tipo de responsabilidade medioambiental a algunhas empresas do polígono, o compadreo do caciqueo dos postos de traballo de César Mera ten un prezo moi alto”.
Para o PSOE a contaminación na Cañiza é un problema histórico creado é “aínda que a Tenente de Alcalde estea pondo vontade creemos que é tarde e que debéronse tomar medidas moito antes, e non agardar ao extremo de privar do uso da auga de consumo humano a parroquias do veciño Concello de Crecente. Se os vertidos se producen dende o polígono municipal de A Cañiza, é responsabilidade do noso Concello dar unha resposta e poñer a súa parte na solución do problema creado aos veciños de Crecente”, conclúe Saba González Lorenzo, voceira Comisión Executiva Municipal.
Entry Filed under: A cañiza. .


Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed