O PSOE de Mondariz considera que debe modificarse o decreto relativo á norma aplicable nas construcións e o seu hábitat
Mayo 12, 2008
Os votos a favor do PSOE e o PP de Mondariz fixeron que se aprobase a moción de instar á Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia para que sexa consensuado o recente decreto relativo á norma aplicable nas construcións e o seu hábitat.O PSOE local recoñece a necesidade de establecer criterios mínimos de habitabilidad nas vivendas que se constrúan garantindo que a habitabilidade sexa a correcta así como que se garanta a calidade de vida dos usuarios. Considera o PSOE que se debe rematar coas construcións de infravivendas que reducen ao máximo o espazo e “condean aos seus inquilinos a vivir en condicións ridículas e insportables”.
Nembargantes, o PSOE opina que é necesario que os criterios se determinen contando con todas as administracións e, fundamentalmente, coas locais que “son as que advirten e aportan máis directamente as suxerencias e denuncias dos usuarios”.
Por todo isto o PSdeG de Mondariz solicitou ao pleno a modificación da moción do PP que solicitaba a derogación do decreto, substituíndoo pola instancia do pleno da corporación para que sexa consensuado e consultado por todas as partes involucradas.
Á petición do PSOE local sumouse o PP coa modificación e o posterior voto a favor, O BNG votou en contra desta moción.
Entry Filed under: Mondariz. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed