Salvaterra, punto de saída e meta ciclista, no Gran Premio Deputación de Pontevedra Júnior
Mayo 12, 2008
Máis de medio centenar de ciclistas partirán do polígono industrial Chan da Lagoa, en Salvaterra, para correr o Gran Premio Deputación de Pontevedra júnior o 18 de maio, a partir das 16.30 horas. O percorrido total é de 105 quilómetros e segundo José Teixeira, director da Escola Club Ciclista Pontereas-Auga de Mondariz “é unha proba difícil polo percorrido, a súa dureza así coma pola quilometraxe”.
Esta mañá, Teixeira e Jesús R. Carballido, director do grupo de xuvenis, reuníronse coa concelleira de Cultura e Deportes, Marta Valcárcel para matizar algúns puntos da organización desta carreira na que tamén colabora o concello de Salvaterra.
Entre os participantes, vai correr Jacobo García Seoane, un dos líderes desta competición Challange que en Salvaterra chega a súa cuarta proba e que visitará pronto Ponte Caldelas.
O circuito sae de Salvaterra, cara a Ponte do río Tea, Porto Centro, Arantei, Alxén-Grixó, Alxén, Cristiñade, Areas, Pontereas (meta volante), Fornelos, Salvaterra, Oleiros, As Neves (Porto Montaña), Tortoreos, Leirado, Oleiros, As Neves (Porto Montaña), Tortoreos, Leirado, Oleiros, As Neves (Porto Montaña), Tortoreos, Leiraado, Oleiros, Salvaterra (Meta). A chegada está prevista para as 19.16 horas.
Segundo José Teixiera, as etapas máis difíciles son as de Salvaterra-As Neves pola “orografía xa que está nunha dificultade case límite coa categoría xuvenil. Por iso é preparatoria do campionato galego”.
Entry Filed under: Salvaterra. .


Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed