Mera reúnese co Director Xeral de Turismo para xestionar o máximo apoio ao Corpus de Ponteareas

Mayo 13, 2008

O BNG de Ponteareas ven de anunciar que o concelleiro e membro da Executiva Nacional, Roberto Mera, celebrará unha reunión co Director Xeral de Turismo, o nacionalista Rubén Lois, para xestionar o máximo apoio do seu departamento á festa do Corpus de Ponteareas.
O dirixente nacionalista trasladará esta petición ao Director Xeral na reunión que ámbolos dous manterán o vindeiro mércores en Santiago de Compostela. De cara a preparar dita reunión, o BNG de Ponteareas mantivo o pasado sábado un encontro con representantes dos alfombristas. Nese encontro cualificado polos nacionalistas como “enormemente positivo”, e no que participaron Roberto Mera, Sandra Arauxo e Bolívar González, “intercambiáronse opinións e ideas de grande interese para mellorar e potenciar a festa do Corpus ponteareán”, segundo indica Sandra Arauxo, Viceportavoz Municipal do BNG.
Así, abordáronse entre outros asuntos “as medidas que desde as diferentes administracións se poderían poñer en marcha de cara a reforzar a implicación dos veciños e veciñas na festa e asegurar o relevo xeneracional, as actuacións que se deberían implementar para potenciar cara fora o Corpus, cunha maior e máis eficaz difusión e publicitación no ámbito galego, do Estado e internacional, superando certas rutinas. Ademais tamén se analizaron polo miudo as necesidades e os problemas existentes en relación aos medios materiais que precisan os alfombristas para desenvolver o seu traballo” indicou Arauxo.
Mera abordará na reunión co Director Xeral de Turismo o posíbel apoio da Xunta ao Encontro Internacional de cidades alfombristas así como a tramitación da declaración como Festa de Interese Internacional do Corpus ponteareán. Ademais destes dous asuntos, tamén se analizarán todas as fórmulas que para potenciar a festa se podan utilizar desde a Consellaría de Innovación e Industria, da que depende a área de Turismo. O dirixente nacionalista tamén manterá contactos proximamente coa Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, coa mesma finalidade.

Entry Filed under: Ponteareas. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds