O alcalde de Ponteareas critica a ‘falla de respeto institucional’ da Xunta de Galicia na visita do Presidente a Ponteareas
Mayo 13, 2008
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, considera que a Xunta de Galicia mantivo onte unha “actitude partidista” na visita do presidente, Emilio Pérez Touriño, a Ponteareas, xa que o alcalde non estivo informado da súa presencia na vila, onde acudíu ao Centro Integrado de Formación Profesional de A Granxa. O alcalde unicamente foi informado “telefonicamente e media hora antes” da presencia do señor presidente da Xunta no centro formativo ponteareán. O alcalde asegura que en ningún momento recibíu a preceptiva comunicación oficial por escrito da visita.
“Por iso, no momento en que a Xunta ten a deferencia de avisar, o alcalde atópase nun acto fora de Ponteareas”
Ademais, o alcalde considerou unha “falla de respeto” o ofrecemento da Xunta de enviar a un concelleiro á visita substituíndo ao alcalde. González Solla considera “un desprezo” a todos os ponteareáns o comportamento da Xunta, “xa que ao non informar como debe ser ao alcalde, que é o representante de todos os cidadáns, están manifestando o seu desprezo a todos os habitantes da vila”.
O alcalde de Ponteareas quere expresar o seu malestar pola actitude de Pérez Touriño, “que se comportou de xeito partidista, coma un membro do Partido Socialista, e non coma o presidente de todos os galegos”. González Solla lamenta o comportamento do titular do executivo autonómico, e engade que, “se o presidente, que é a máxima autoridade da comunidade, amosa estas formas, non podemos esperar máis nada do seu goberno”.
González Solla lembra aos responsables locais do Partido Socialista as críticas que esta formación fixo recentemente ao alcalde na inauguración da caldeira de biomasa de Xinzo, ao non ocupar un lugar na presidencia da mesa co vicepresidente Anxo Quíntana e co conselleiro de Medio Rural. “Gustaríame saber qué opinan os membros da executiva local socialista despois do comportamento do seu presidente rexional”, engade o alcalde, quen lembra a continuación que “esta é a política da Xunta de Galicia con Ponteareas: o desprezo a unha zona que manteñen apartada dos seus plans, tanto en proxectos coma en investimentos”.
Explicacións
O alcalde de Ponteareas dirixirase ao gabinete da Presidencia da Xunta solicitando explicacións polo sucedido nesta visita de Pérez Touriño a Ponteareas, e esixindo que o ocorrido non se volva a producir “nin en futuras visitas do presidente a esta vila nin de calquera dos membros do seu executivo”.
Entry Filed under: Ponteareas. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed