O BNG de Ponteareas considera anecdótico a ausencia de convite á Corporación na visita de Touriño a Ponteareas
Mayo 13, 2008
O BNG considerou unha “anécdota” a falta de convite oficial á Corporación Municipal na visita realizada onte polo Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a Conselleira de Educación, Elena Sánchez, ao IES A Granxa de Ponteareas, á que si asistiron os concelleiros e concelleiras do PSOE da localidade.
Os nacionalistas descoñecen quen convidou aos edís socialistas e consideran “extrano” o acontecido xa que “nas diferentes ocasións nas que o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, ten visitado oficialmente Ponteareas sempre se ten convidado ao alcalde e membros da Corporación Municipal”. O responsable local, Xosé Represas, ironizou atribuíndo o acontecido a que “para unha vez que Touriño pasa por Ponteareas é normal que o PSOE caese na tentación de evitar que o Presidente da Xunta estivera acompañado polo resto da Corporación”.
Entry Filed under: Ponteareas. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed