O goberno de Ponteareas pide a Política Territorial a recepción das obras da Praza Maior e a correción das deficiencias detectadas
Mayo 13, 2008
O Goberno municipal de Ponteareas dirixiuse á Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia solicitando a recepción, coa maior celeridade posible, das obras de remodelación da Praza Maior executadas polo departamento autonómico, previa corrección das deficiencias detectadas nesa obra, que teñen que ver coa instalación do alumeado e con problemas na fonte instalada, entre outros.
O Concello de Ponteareas asegura que leva advertindo dende hai meses á Dirección Xeral de Urbanismo da existencia de deficiencias nos traballos executados pola consellería na Praza Maior, e insiste na necesidade urxente do seu arranxo por parte da Xunta de Galicia, que rematou as obras hai meses, para a posterior recepción da obra ao Concello.
Entry Filed under: Ponteareas. .


Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed