O pleno de Ponteareas aproba a adhesión do concello á Asociación Galega de concellos de Danzas Brancas ou Gremiais
Mayo 13, 2008
O pleno da Corporación de Ponteareas aprobou por unanimidade na última sesión a adhesión do Concello ponteareán á Asociación Galega de Concellos de Danzas Brancas ou Gremiais, un colectivo dedicado á defensa do patrimonio etnográfico e a promoción das danzas tradicionais para evitar que se esquezan.
A proposta, presentada polo concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, obtivo o respaldo de todos os grupos políticos, e inclúe o acordo do Concello de Ponteareas de participar na elaboración dos estatutos do colectivo, así como o nomeamento do responsable do departamento de Cultura como o representante do municipio neste colectivo.
O Concello de Ponteareas, que conserva a tradición destas danzas, súmase deste xeito a este colectivo pola defensa das danzas tradicionais, do que tamén forman parte numerosos concellos das provincias de Ourense e Pontevedra.
As danzas brancas ou gremiais conservan a estructura dos oficios tradicionais e se transmiten xeracionalmente. Moitas poden ter unha orixe pagá, consagradas a festexar a chegada da primavera, aínda que tamén hai quen as relaciona cos gremios ou as confrarías.
Entry Filed under: Ponteareas. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed