O Verbum-Casa das Palabras de Vigo acolle dende hoxe a exposición do ‘Vieiro da Franqueira’

Mayo 13, 2008

A exposición temporal “O Vieiro da Franqueira” inaugurouse hoxe martes día 13 de maio ás
12.30 horas no museo Verbum-Casa das Palabras de Vigo e poderase visitar ata o domingo 25. Ao acto inaugural asistiron entre outros o Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, D. Xesús López Carreira, o Director Xeral de Conservación da Natureza, D. Xosé Benito Reza Rodríguez, e os alcaldes dos concellos integrantes da Asociación Intermunicipal “Vieiro da Franqueira”, Redondela-Soutomaior-Pazos de Borbén-Mondariz-Mondariz Balneario-Covelo-Ponteareas-A
Cañiza.
A exposición, que está financiada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza e da Consellería de Medio Ambiente, pretende amosar as bondades dunha ruta de 42 kms. que comeza na galla do camiño, en
Soutomaior e Redondela, e que remata no santuario da Franqueira. Pasa polos concellos de Pazos de
Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, Ponteareas e a Franqueira.
O camiño serve de vieiro para os romeiros que acuden ás festas da Franqueira, en marzo e setembro; pero pretende ser tamén unha alternativa para os que teñen por costume facer turismo verde, xa sexa andando ou en bicicleta. No seu traxecto hai unha variedade de elementos singulares que constitúen un atractivo para os amantes da natureza e da arquitectura tradicional ou relixiosa, repartidos por localidades tan emblemáticas como Mondariz-Balneario, lugar de repouso no camiño da Franqueira.

Por outro lado, onte luns día 12 de maio, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafáel Louzán percorreu o último tramo do camiño da Franqueira acompañado por algúns alcaldes dos concellos integrados neste vieiro.

Entry Filed under: A cañiza. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds