Os alumnos dos colexios de Salvaterra gozaron do teatro con Tanxarina
Mayo 13, 2008
Na Semana das Letras Galegas, actividade da concellería de Cultura de Salvaterra que dirixe Marta Valcárcel, reuníronse 600 escolares do CRA e os colexios de Leirado e Salvaterra, para asistir á representación da obra “Os Narigudos” do grupo de títeres Tanxarina. Por mor do tempo, a representación tivo lugar no pavillón municipal, en lugar do parque público A Canuda.
Para o día das Letras Galegas está previsto unha actuación da compañía Berrobambán que fará rir aos asistentes coa súa obra infantil ‘Pinocho’, ás 17.30 horas.
Tódolas nenas e nenos que acudan a esta actividade no parque de A Canuda recibirán un libro axeitado a súa idade e un Cd dos Neniños Cantores coma agasallo.
Hoxe martes, día 13, é día festivo local no municipio de Salvaterra xa que este ano o seu patrón, san Lourenzo, o 10 de agosto cae en domingo, e a corporación decidíu cambialo polo 13 de maio, día en que se celebra, no barrio de O Casal a Nosa Señora de Fátima. Pola mañá haberá misa as 10 da mañá na capela e a misa maior ás 12.00. Haberá postos de feira e unha polbeira. Pola tarde a comisión de festa ten preparada unha serie de xogos.
Entry Filed under: Salvaterra. .


Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed