Os máis novos serán os protagonistas do día das Letras Galegas en Ponteareas
Mayo 13, 2008
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, e a responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Mª. Consejo Vázquez, presentaron as actividades culturais que, co gallo da Día das Letras Galegas, terán lugar na vila durante o mes de maio, e que terán como protagonistas aos máis novos.
O programa de actividades daba comezo o 9 de maio, e rematará o vindeiro día 30. Entre os actos programados atópase a campaña de animación á lectura en galego “Achégate ao Libro”, que traslada os libros ás zonas ao aire libre da vila. Así, o día 16 de maio os libros estarán no Parque das Pombas, o 23 na Praza Maior e o día 30 nos Xardíns da Xiralda, dende as 17.30 ás 20.30 horas.
No programa tamén destaca un recital poético a cargo do escritor Antonio García Teijeiro, quen dará a coñecer a obra do homenaxeado este ano. Así, García Teijeiro porá a voz á poesía de Xosé María Álvarez Blázquez a través do recital dunha escolma de poemas do autor homenaxeado este ano. O acto levarase a cabo o 16 de maio no Salón de Plenos da Casa do Concello ás 21 horas.
O día 17 de maio, Día das Letras Galegas, a Praza Maior acollerá a Festa da Bicicleta e da Feira do Libro, nas que haberá actividades durante todo o día, entre elas baile, contacontos, pallasos, maxia e xogos de animación. Ademais, a xornada do 17 de maio rematará coa actuación da coral do Centro Artístico Sportivo no Auditorio Reveriano Soutullo, que interpretará un repertorio de cancións galegas.
Os días 23 e 30 de maio os nenos volverán ser os protagonistas do obradoiro “Cóntame un conto” no que deixarán voar a imaxinación para converterse en creadores, a través do escritor Miguel Anxo Mouriño Fernández, que fará de fío condutor das historias. A actividade está dirixida a nenas e nenos de entre 7 e 10 anos e para participar deberán inscribirse no Servizo de Normalización antes do 22 de maio. Todos os participantes no obradoiro recibirán un agasallo.
Entry Filed under: Ponteareas. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed