A Consellería de Medio Ambiente acometerá o abastecemento integral do concello de Arbo
Mayo 14, 2008
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible acometerá as obras de abastecemento integral do concello pontevedrés de Arbo. Así llo confirmou o conselleiro, Manuel Vázquez, ao rexedor do municipio, Manuel Rivera, nunha reunión celebrada onte en Santiago.
O conselleiro comprometeuse ao financiamento do proxecto de abastecemento integral de Arbo, que se estudiará nunha próxima reunión, prevista para este mesmo mes, entre os técnicos de Augas de Galicia e o alcalde e técnicos do concello.
Nesta xuntanza, os técnicos de Augas de Galicia avaliaran a solicitude do concello a fin de elaborar un proxecto para acometer as obras de abastecemento. Estas obras pasarían pola construcción dunha ETAP (estación de tratamento de auga potable) e melloras na rede existente, mellorando así o subministro de auga a todas as parroquias e tamén ao parque empresarial, que está previsto ampliar.
Entry Filed under: Arbo. .


Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed