Nós Unidade Popular solicita ao concello de Ponteareas a construción de 27 pasos de peóns elevados

Mayo 14, 2008

Nós-Unidade Popular solicita ao concello de Ponteareas a construción dun mínimo de 27 pasadeiras elevadas para peóns no núcleo urbano.
“Unha alternativa á solicitada pasa polo acondicionamento das pasadeiras para peóns sinaladas con lombas reductoras de velocidade”, explican dende a asemblea comarcal de Nós-UP do Condado.
Ademais, engaden que logo de ter estudado a localización dos pasos de peóns con maior perigo de atropelamento, de maior tránsito e de maior uso por parte dos cativos, esta organización deu entrada no concello a un rueiro do núcleo urbano cos 27 postos sinalados para facer máis sinxela a súa localización.
Máis concretamente o número solicitado por rúa é o seguinte: rúa Salvaterra (1), Amado Garra (3), Reveriano Soutullo (1), Virxen da luz (1), Paseo Matutino (3), Feliciano Barrera (1), Avenida de Galicia (2), Real (3), Avenida de Castelao (3), Avenida Ciclista Delio Rodríguez (1), Fermín Bouza Brey (2), Azorín (2), rúa das Pombas (2), Redondela (2).
“Agardamos que a proposta elaborada por Nós-Unidade Popular sexa tomada en consideración por parte do goberno local. A medida, cun relativo baixo custo económico e con obras sinxelas e rápidas, contribúe á redacción da velocidade do tránsito rodado en núcleo urbano e para a humanización do mesmo ao aumentar a seguridade das e dos visitantes”.

Entry Filed under: Ponteareas. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds