O escritor Antonio García Teijeiro porá voz a Xosé María Álvarez Blázquez no concello de Ponteareas
Mayo 14, 2008
Co gallo do Día das Letras Galegas, o Concello de Ponteareas renderá homenaxe a Xosé Mª Álvarez Blázquez nun acto que terá lugar o venres, 16 de maio, ás 21 horas no salón de plenos da Casa do Concello, no que a voz do escritor Antonio García Teijeiro resoará o espírito poético do homenaxeado. Con este acto poético quérese render homenaxe a todos os persoeiros que coa súa voz contribuíron e contribúen a un universo cultural en galego.
Este acto serve de preludio ao Día das Letras, durante o que se poderá gozar na Praza Maior da Festa da Bicicleta “Ponteareas coas Letras” e da Feira do Libro na que haberá actividades durante todo o día de baile, contacontos, paiasos, maxia e xogos de animación. O día 17 rematará cun concerto coral a cargo da coral do Centro Artístico Sportivo no Auditorio Reveriano Soutullo, que interpretará un repertorio de cancións galegas. Os días 23 e 30 de maio os nenos volverán ser os protagonistas do obradoiro “Cóntame un conto” no que deixarán voar a imaxinación para converterse en creadores, a través do escritor Miguel Anxo Mouriño Fernández, que fará de fío conductor das historias.
Entry Filed under: Ponteareas. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed