Os veciños do barrio do Casal, en Salvaterra, celebraron as festas na honra da Virxe de Fátima
Mayo 14, 2008
O barrio do Casal, en Salvaterra de Miño, celebrou a Nosa Señora do Rosario de Fátima. A capela no alto do polígono de Chan da Lagoa acolleu baixo a súa carpa a máis de medio millar de veciñas e veciños, devotas e devotos que asistiron á misa maior que celebrou o párroco Bienvenido Váquez Bugarín acompañado de Guillermo Mandado, párroco de Alxén. A coral Lacedorium de Salvaterra cantou a misa e a banda deste municipio desfilou na procesión da Virxen. Entre as autoridades municipais estiveron a primera teniente de alcalde, Marta Valcárcel e o segundo tenente de alcalde Manuel Andrés Acuña.
Pola tarde, a melloría do tempo animou aos veciños a participar nunha maratón así como en diversos xogos populares. Os tradicionais puestos de feira como polbeira, rosquilleiras, servizo de cafetería e outros atraxeron tamén aos veciños ata o entorno da capela da Virxe de Fátima.
Entry Filed under: Salvaterra. .


Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed