A ANPA ‘A Lagoa’ do colexio Infante Felipe de Salvaterra organiza a súa tradicional marcha popular

Mayo 15, 2008

A ANPA A Lagoa do colexio Infante Felipe de Salvaterra organiza a tradicional marcha popular que partirá do propio colexio este sábado día 17 ás 10:00 horas. Os que non realizaran a preinscripción poderán facer a inscrición ata unha hora antes da saída. As inscricións son de balde e inclúen un seguro de accidentes e responsabilidade civil que a organización contratou grazas á axuda da entidade bancaria La Caixa que financiou o custe total do seguro. A chegada está prevista para as 14:00 horas.
Esta marcha popular percorrerá as parroquias de Oleiros, Corzáns, Pequeiras e Fornelos para chegar de volta ao colexio pasando polo polígono industrial de Chan da Ponte. O avituallamento será un ano máis en Fornelos. Os participantes poderán gozar dun almorzo a base de bocadillos, iogures e bebida, entre outros alimentos.
Deste xeito todo aquel que queira participar nesta marcha que percorrerá arredor de 21 quilómetros cun paso tranquilo para poder admirar a paisaxe, tan só terá que por as ganas de pasalo ben. A organización quere agradecer a colaboración de todas as casas comerciais da zona que aportaron todo o necesario para que se puidese celebrar esta marcha.
Para ampliar información e inscribirse chamar ao teléfono da ANPA A Lagoa 697 355 771.

Entry Filed under: Salvaterra. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds