Louzán, Aspar e directivos das comunidades de montes de Toutón e Xunqueira inspeccionaron os terreos onde se prevé construir o circuito de velocidade Rías Baixas

Mayo 15, 2008


O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o excampión do mundo de motociclismo, Jorge Martínez Aspar, inspeccionaron onte os terreos onde a institución provincial prevé construir o Circuito de Velocidade Rías Baixas. Os terreos pertencen ás comunidades de montes de Toutón (17 hectáreas en Mondariz) e Xunqueira (63 hectáreas en Pazos).
Na súa visita, Louzán e Aspar estiveron acompañados polos alcaldes da comarca e membros das directivas das devanditas comunidades. Despois de percorrer os terreos, adicados na actualidade a pastizales e usos forestais, a comitiva mantivo unha xuntanza de traballo no Concello de Mondariz na que Louzán e Aspar explicaron as características técnicas do futuro Circuito cuio anteproxecto foi presentado onte en Vigo e Pontevedra.
Según explicaron, terá unha afección de 80 hectáreas no que se ubicarán as instalación deportivas e sociais. A pista terá unha lonxitude de 3,5 kilómetros, según as normas da Federación Internacional de Automovilismo (FIA) e de Motociclismo (FIM), un paddock de 26.200 metros cadrados, zonas de  aparcamento, gradas, dotacións sanitarias e doutro tipo, como pistas de alta velocidade, áreas de calibración de sensores, circuitos handling en seco e mollado, plataformas dinámicas, pistas de ruidos e rampas con distintas inclinacións.
O orzamento das obras é de  54 millóns de euros e no seu financiamento a Deputación espera contar con axudas da UE, das institucións galegas e de empresas privadas. O Grupo Dorna, orgaizador dos campionatos do mundo, e o propio Aspar.
Louzán agradeceu os apoios ata o de agora recibidos para unha iniciativa da que dixo que cambiaría a faz e a dinámica social da comarca e de Galiza e destacou a grande disposición das comunidades de montes “sin as que este proxecto non podería ir adiante”,dixo.

Entry Filed under: Mondariz. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds