Mera destaca novos avances no proceso de creación do parque empresarial de Ponteareas
Mayo 15, 2008
O Concelleiro do BNG en Ponteareas Roberto Mera, destacou hoxe os novos avances realizados no proceso de creación do Parque Empresaria Val do Tea. O nacionalista informou, de que desde hoxe, está xa colgado na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, o documento inicial realizado pola Consellería de Vivenda. Medio Ambiente dispón agora de 3 meses para emitir o chamado documento de referencia, ao que se terá que adaptar o proxecto definitivo do Parque Empresarial.
“Esta fase de valoración ambiental do Parque Empresarial é xa o último trámite antes de que o consello da Xunta, poda aprobar o Proxecto Sectorial e o proceso de adquisición dos terreos”, destacou Mera.
Ao mesmo tempo, o nacionalista destaca que “os traballos do proxecto sectorial, tamén serán dados a coñecer en detalle, o vindeiro mércores nunha nova reunión da comisión de seguimento”. Segundo o nacionalista “a Xunta, está actuando de maneira exemplar, á hora de dialogar e manter unha interlocución permanente, cos grupos políticos e cos veciños e veciñas de Guláns e Cristiñade, recollendo as suas suxestións para lograr o máximo consenso”.
Entry Filed under: Ponteareas. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed