O alcalde de Mondariz asiste á presentación do anteproxecto do Circuito de Velocidade Rías Baixas

Mayo 15, 2008

O alcalde de Mondariz, Julio Alén, asistíu onte en Vigo á presentación do anteproxecto do Circuito de Velocidade Rías Baixas. Os novos circuitos ofrecen un conxunto amplo de actividades relacionadas co motor: velocidade, karting, 4*4, etc. Estas instalacións conteñen ademais un compoñente social: cursos de conducción ou a educación vial. No anteproxecto destácase que o circuito proposto non podería nunha primeira fase aspirar a probas da dimensión de MotoCP ou Formula 1, pero sí a competicións de ámbito estatal ou europeo. Segundo o anteproxecto estas competicións xeneran escasos recursos directamente pero crean demanda do circuito por usuarios privados e empresariais. Ademais tamén indica que a proliferación de proxectos de novos circuitos no norte indica unha demanda non satisfeita destas instalacións.
Así mesmo, explica que os ingresos dos circuitos non proceden das competicións nacionais ou europeas, senón do emprego diario das actividades de lecer relacionadas co motor, xa reseñadas, así como da organización de actividades orientadas á empresa.
Tamén existe a posibilidade de acoller no cnetro instalacións de hostelería-restauración e establecementos comerciais centrados no motor e a competición. Neste anteproxecto do Circuito de Velocidade Rías Baixas suliñan que é especialmente importante a xeneración de merchandising relacionada coa velocidade.
No apartado de conclusións sinalan que a elevada inversión requerida é un factor que compromete a súa viabilidade xa que a inversión requerida para cumprir as normas da CTAG é difícilmente asumible por un explotador. Así mesmo, a implicación financieira da CTAG sería vista positivamente polos potenciais inversores e explotadores. A inclusión de instalacións de I+d aporta un compoñente diferencial ao circuito que podería derivar cara a creación dunha cidade da automoción no seu entorno.
Neste primeiro informe apúntase a que a entrada de explotadores ou socios capitalistas require a presentación dun plan económico-financieiro detallado, así como o establecemento de compromisos cuantificados de inversión por parte da Deputación e a CTAG.
Por outro lado o anteproxecto do Circuito de Velocidade Rías Baixas adianta que xa existen explotadores dispostos a asumir a construción e explotación do circuito pero “indicaron que dado o volume de inversión sen incluir a CTAG e a reducida dimensión de poboación nun radio de 100 km, requerirían unha inversión pública que contribuíse a facer rentable o proxecto. Ademais, recomenda que debe prestarse atención á problemática que poden xerar os accesos ao circuito que poden ser un factor disuasorio da entrada de potenciais explotadores.
O Circuito de Velocidade Rías Baixas estará ubicado nos concellos de Mondariz e Pazos de Borbén nunha zona de uso forestal e pasto arbustivo.

Entry Filed under: Mondariz. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds