Ponteareas abre a competición da Copa do Futuro Deputación de Pontevedra
Mayo 15, 2008
A Copa do Futuro Deputación de Pontevedra chega a Ponteareas na súa primeira fin de semana de competición. Durante os días 17 e 18 de maio, 16 equipos da comarca do Condado gozarán de dúas xornadas intensas de fútbol. Máis de 220 nenos daranse cita para disputar esta fase previa do torneo.
Para a ocasión, a organización do evento habilitou dúas canchas de fútbol 7 no campo municipal de Pardellas. Os 16 participantes quedarán divididos en catro grupos; o grupo amarelo e o verde disputarán a liguilla de clasificación no campo 1; o azul e o vermello no campo 2.
A xornada do sábado, que dará comezo ás 10.00 horas, estará dedicada á liguilla de grupos. Os catro compoñentes de cada un deles enfrontaránse entre sí. Tras estes partidos, os dous mellores clasificados de cada grupo pasarán á seguinte rolda.
O domingo será o día da fase final. En cada campo, os dous mellores clasificados de cada grupo disputarán os cuartos de final, e os vencedores pasarán a semifinais. Para concluír o torneo, o campo 1 acollerá a loita polo 3º e 4º posto ás 12.30 horas e a final ás 13.00 horas.
Os tres primeiros clasificados desta fase previa recibirán os seus respectivos trofeos e medallas para todas as súas xogadores e garántense o pase á fase final da Copa do Futuro, que se disputará o 28 e o 29 de xuño en Vigo. Incluso podería darse o caso de que tamén o cuarto poida chegar ata a rolda final de Vigo, xa que os dous mellores cuartos das sedes de Ponteareas, Soutomaior, Cangas e Ribadumia dispoñerán dunha praza entre os mellores.
O campión intentará revalidar o título
A fase de Ponteareas volverá contado este ano coa presenza do campión da pasada edición. Os rapaces do Santa Mariña fixéronse no 2007 co trofeo de campión e regresan este ano para levarse o título por segunda vez.
No campo 1 participarán o grupo amarelo e o verde. O amarelo estará constituído polo Ponteareas A, o Ponteseca, o Porriño B e o Condado; o Coia, o Chapela A, o Santa Mariña B e o Atlántida de Matamá conforman o grupo verde.
Pola súa banda, o campo 2 acollerá os encontros dos grupos azul e vermello. EDM. Salceda, Ponteareas B, EDP Areas e Porriño A xogarán polas dúas prazas dispostas do grupo azul; no vermello se disputaranas Salvaterra, Chapela B, Santa Mariña A e Travesas.
Outras actividades
Ademais, a cita gozará dun ‘clinic’ ao que acudirá unha estrela do balón que, sobre o céspede, parolará cos pequenos e actuará como mestre ocasional. Ademais de ensinarlles técnicas e táctica futbolística, falaralles sobre a importancia do xogo en equipo e os valores deste deporte.
Os rapaces tamén poderán divertirse nas horas nas que non lles toque xogar. A organización habilitará unha zona de lecer con actividades relacionadas co mundo do fútbol, como chutómetros, futbolines humanos e convencionais ou minitorneos de fútbol 3, entre outros moitos xogos. Pero non todo será fútbol; a organización tamén ten previstos concursos de debuxo, de chapas, gymkhanas ou inchables.
Entry Filed under: Ponteareas. .


Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed