Tres xogadores do CB As Neves participan no Campionato de España sub-15
Mayo 15, 2008
Do 16 ao 18 de maio de 2008, tres xogadores do Club Bádminton As Neves, Brais Alvés, Daniel Pérez e Angela Soto, tomarán parte no Campionato de España sub-15 que se celebrará en Granollers (Barcelona). Os xogadores galegos teñen opcións de quedar entres os catro primeiros, sobre todo, Angela Soto no cadro de individual feminino.
O calendario dos primeiros partidos é o seguinte:
Individual Masculino: 1/16 final ás 19:35 h. Brais Alves contra gañador de previas.
Individual Femenino: 1/16 final ás 20:00 h. Angela Soto contra Lucia Galvin do CB Hoyo de Manzanares (Madrid)
Dobles Masculino: 1/16 final ás 20:50 h. Brais Alves/Daniel Pérez contra Guillem Duran/Arnau Duran do CB La Garriga (Cataluña)
Dobles Mixtos: 1/8 final sábado ás 13:00 h. Angela Soto/Daniel Pérez contra Nelly Iriberri/Iñigo Urra do CB Estella (Navarra)
Por outro lado, este sábado 17 de maio, o pavillón municipal das Neves acolle a 6ª proba da Copa Deputación de Pontevedra de Bádminton organizada polo CB As Neves e a Delegación Provincial de Bádminton e que conta co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra, a Dirección Xeral Para o Deporte, o Concello de As Neves, Tenda Punto de Partido, Hermanos Forjados Duran, Cerámicas do Miño e Adegas Coto Redondo.
Un total de 100 deportistas dos clubes: CB Los Sauces de Pontevedra, CB Troula de Lugo, CB A Estrada, CB Rachaplumas de Vigo e o anfitrión CB As Neves tomaran parte no evento.
A competición iníciase ás 10 horas cos encontros das categorías sub-15 B,C, D e E e ás 13:30 comezará a competición para as categorías Sub-15 A e Absoluta para rematar entorno ás 17:00 horas coa desputa de 190 partidos.
Entry Filed under: As Neves. .


Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed