O BNG de Mondariz presenta suxestións ao documento de Avaliación Estratéxica do PXOM

26/06/2008 at 09:41 Deixar un comentario

O BNG de Mondariz presentou suxestións ao documento de Avaliación Estratéxica do PXOM que está a exposición pública en internet ata o 30 de xuño. Ademais, os nacionalistas animan ás asociacións do concello a presentar as súas ideasxa que aseguran que a riqueza ambiental do concello é das máis importantes de Galiza.
Os nacionalistas explican que o monte Maior e Cotodeira constitúen un dos espazos interiores de maior interese ambiental do sur de Galiza. No contexto dos montes meridionais, este lugar distínguese pola súa calidade ambiental. Este espazo é, ademais, unha interesante área de paso nas migracións de diversas especies de aves e conta coa presenza de distintas especies de animais protexidos segundo diferentes Directivas Europeas e Catálogos de Fauna Ameazada, ademais de acoller diversos hábitats de interese comunitario, algúns tan importantes como as pradeiras de Nardus stricta, breixeiras húmidas e turbeiras.
Asemade, o BNG engade que no Monte Maior e Cotodeira viven centos de cabezas de gando ceivo (nomeadamente cabalos e vacas) que é propiedade dos veciños das parroquias limítrofes (Sabaxáns, Gargamala). Este gando constitúe unha relevante fonte de ingresos para os seus propietarios, ademais dunha actividade que axuda a previr os incendios forestais.

Patrimonio Cultural
O BNG manifesta que, a maiores, o Monte Maior e Cotodeira posúen un patrimonio cultural de carácter etnográfico (nel se construíu o único foxo do lobo duplo de Galiza) e arqueolóxico extraordinario e único no que se levantan mámoas, castros e ducias de petróglifos, algúns deles dos máis interesantes do país segundo todos os expertos. Segundo os nacionalistas a conservación e posta en valor desde unha perspectiva científica e turística é totalmente incompatible coa explotación de canteiras e a instalación de parques eólicos.
“Este valioso patrimonio natural e cultural explica o paso por Cotodeira do GR-58 coñecido como Sendeiro das Greas, un roteiro homologado promovido pola Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo”.

Por todo isto, os nacionalistas acusan ao grupo de goberno do PP de “carecer de perspectiva de futuro e de inoperancia ao respecto das  grandes potencialidades que posúe Mondariz”, segundo afirma Xoán Carlos Montes Bugarín -Calis- , voceiro do Grupo Municipal do BNG, que sinala que “somos os nacionalistas quen levamos adiante as iniciativas dirixidas a protexer conservar e poñer en valor todo o noso patrimonio natural e cultural, cuestión da que depende en boa medida o futuro de Mondariz ”.

Nesta liña, Xoán Carlos Montes, en representación do BNG de Mondariz, vén de presentar ante a Consellería de Medioambiente as seguintes suxestións ao documento de Avaliación Ambiental Estratéxica do PXOM de Mondariz:
- Que a Consellería inste ao Concello de Mondariz a protexer legalmente as árbores senlleiras ou monumentais do municipio: Carballo da Armada, Sobreira e Eucalipto de Vilasobroso, Oliveira de Riofrío, etc…

-  Que a Consellería de Medioambiente tramite administrativamente a declaración da Fraga do río Aboal como Espazo Natural de Interese Local (ENIL), dando cumprimento ao acordo adoptado por unanimidade polo Pleno da Corporación do Concello de Mondariz no ano 2006.

-  Que a Consellería de Medioambiente inclúa o Monte Maior e Cotodeira dentro da Rede Natura 2000, tal e como acordou de forma unánime o Pleno da Corporación no mes de marzo deste mesmo ano, e inste ao Concello de Mondariz a clasificar este espazo como Solo Rústico de Especial Protección Natural, Paisaxística e Cultural no PXOM en fase de redacción.

About these ads

Entry filed under: Mondariz. Tags: .

O vídeo do Padroado Rías Baixas sobre o Corpus de Ponteareas está entre os máis vistos no Youtube A Assemblea do Suído aclara as medidas de protección que existen para a Serra do Suído

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

%d bloggers like this: