Archive for Agosto, 2008
A Banda de Gaitas de Entenza, Ruote e Quempallou actuarán no primeiro festival ‘Alxén Folk’
O grupo de baile e gaitas da casa cultural de Alxén organiza o primeiro festival Alxén Folk o vindeiro 13 de setembro a partir das 21:30horas na pista de futbito da casa cultural. Os grupos participantes serán a Banda de Gaitas de Entenza, Ruote e Quempallou. (máis…)
Add comment 30/08/2008
A asociación de veciños ‘Cañiza Unida’ pregúntase por que cada ano, para as Festas do Xamón, hai que apuntalar a Praza Maior
A Asociación de Veciños “Cañiza Unida” pregúntase por que todos os anos hai que por douscentos puntais debaixo da Praza Maior para sostela cada vez que se celebran as Festas do Xamón. (máis…)
Add comment 30/08/2008
A Consellería de Vivenda e Solo aclara ao concello de Salvaterra que foi o PP quen negou o dereito de cobro de indemnizacións por recursos mineiros aos particulares expropiados na PLISAN
A Conselleira de Vivenda e Solo á vista da moción da Alcaldía aprobada recentemente polo Concello de Salvaterra de Miño, recollida polos medios de comunicación, considera necesario aclarar que foi precisamente o anterior Goberno autonómico do PP quen negou calquera dereito de indemnización por recursos mineiros aos particulares expropiados no proceso de posta en marcha da Plataforma Loxística Empresarial Salvaterra-As Neves (PLISAN). (máis…)
Add comment 30/08/2008
Ponteareas celebra as festas patronais de setembro cunha morea de actividades para todos os públicos
O municipio de Ponteareas acollerá no mes de setembro numerosas actividades musicais, de lecer e deportivas para todos os públicos. (máis…)
Add comment 30/08/2008
A Festa do Viño do Condado, en Salvaterra, cumpre nesta edición os corenta e nove anos de existencia
Maña domingo, 31 de agosto, seguen os actos con motivo da Festa do Viño do Condado de Salvaterra con pasarrúas de charangas e bandas de gaitas como o Grupo de Bombos ‘Fin do silencio’ de Mazedo-Monçao-Portugal, a partir das 9.30 horas. (máis…)
Add comment 30/08/2008
A Masa Crítica volta a percorrer as rúas do centro de Ponteareas
O Grupo Ecoloxista Adenco, coorganizador da Masa Crítica de Ponteareas, convocou a todos os cidadáns de Ponteareas que quixeron reclamar a posibilidade de empregar a bicicleta como medio de transporte habitual para os seus desprazamentos, a participar nunha nova edición da Masa Crítica de Ponteareas. (máis…)
Add comment 30/08/2008
O BNG pregunta polas medidas que o goberno galego vai adoptar para mellorar a cobertura de TDT en Arbo
O deputado do BNG Fernando Blanco vén de rexistrar unha batería de iniciativas parlamentares nas que se interesa pola cobertura de TDT no concello de Arbo. (máis…)
Add comment 30/08/2008
Adenco prepara un roteiro polos vertidos do Tea dende San Roque a Moscadeira, en Ponteareas
A Asociación para a Defensa da Natureza do Condado, ADENCO, realizará un roteiro polos vertidos do Tea o vindeiro sábado día 13 de setembro. A saída será ás 17:30 horas dende a Ponte de San Roque ata a Moscadeira, visitando os vertidos dos emisarios que non entran na depuradora para volver polo mesmo camiño a San Roque. (máis…)
Add comment 30/08/2008
Cruz Vermella Ponteareas organiza a V edición do tradicional Campamento Urbano
O vindeiro 3 de setembro comeza a V edición do tradicional Campamento Urbano que a Asemblea Local de Cruz Vermella Xuventude en Ponteares organizou para máis de 30 nenos do municipio ponteareán. (máis…)
Add comment 30/08/2008
O BNG de Ponteareas propón un Plan de Humanización “para rematar coas chapuzas do PP”
O BNG de Ponteareas, a través do seu portavoz municipal, Bolívar González, atribuíu á “falla de planificación do goberno do PP” a realización de “novas chapuzas nas obras de humanización das rúas Reveriano Soutullo e Darío Bugallal”. (máis…)
Add comment 30/08/2008



