Archive for Setembro, 2008
O BNG de Covelo pregunta ao grupo de goberno pola subvención para a construción da casa de cultura de Prado da Canda
O BNG de Covelo adianta que a Deputación Provincial dedicara 80.000 € á construción do centro sociocultural de Prado da Canda. Francisco Rocha, responsable local do BNG de Covelo, dí que lle parecen poucos cartos. (máis…)
Add comment 19/09/2008
O PSOE valora as inversións da Consellería de Educación en Ponteareas
O PSdeG de Ponteareas considera que nos últimos tres anos a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, dirixida polo PSdeG-PSOE, ten demostrado unha vontade inequívoca de poñer os servizos educativos en Ponteareas á altura das súas necesidades. (máis…)
Add comment 19/09/2008
O alcalde de Ponteareas explica aos veciños o remate das obras da casa cultural de San Mateo
O alcalde de Ponteareas, o popular Salvador González Solla, mantivo un encontro con colectivos veciñais de San Mateo de Oliveira para explicarlles os proxectos de da cuarta fase e do remate das obras da Casa Cultural. (máis…)
Add comment 19/09/2008
Fozara organiza unha agrupación para protexer os seus montes dos incendios
O pasado sábado 13 de setembro, ás 12 horas, o delegado provincial da Consellería do Medio Rural, Gonzalo Constenla, fixo entrega no teleclube da parroquia de Fozara, Ponteareas,de diferente material que permitirá á agrupación de veciños desta parroquia, realizar nos vindeiros anos labores de vixiancia e prevención de incendios forestais, segundo informou o Presidente da Comunidade de Montes, Serxio Covas. (máis…)
Add comment 19/09/2008
O goberno de Ponteareas adxudica as obras da mellora do mercado e a humanización da Praza Maior e rúa Esperanza por un importe superior aos 100.000 euros
A xunta de goberno do concello de Ponteareas, na súa reunión deste luns, 15 de setembro, aprobou a adxudicación das obras de mellora no Mercado Municipal, así como a adxudicación provisional do remate da humanización da Praza Maior- Rúa Esperanza- Praza Arxentina, por un importe total de 108.000 euros. (máis…)
Add comment 19/09/2008
EU-IU presentará alegacións ó Plan Vigo Íntegra
EU-IU denuncia o “despiste dos tres grupos políticos do Parlamento Galego, o PSOE como promotor e BNG ou PP como críticos. dado que ningún deles vai o núcleo do problema: o carácter insostible do plan Vigo Íntegra. (máis…)
Add comment 18/09/2008
O concello de Ponteareas inicia a construción de dous depósitos de auga potable en Seca e Cortellas, na parroquia de Padróns
O Concello de Ponteareas iniciou estes días a construción dos dous depósitos de auga potable emprazados nos barrios de Seca e Cortellas, na parroquia de Padróns. (máis…)
Add comment 18/09/2008
Cruz Vermella Ponteareas pon en marcha o novo proxecto de lecer e tempo libre para a terceira idade
Unha vez máis a asemblea da Cruz Vermella de Ponteareas pon en marcha o proxecto adicado ás persoas maiores “É o teu turno”. Este proxecto está dirixido ás persoas maiores de Ponteareas e arredores para que estas ocupen o seu tempo de lecer. (máis…)
Add comment 12/09/2008
Adenco realiza un roteiro a pé polos vertidos do río Tea
Mañá sábado 13 de Setembro o Grupo Ecoloxista Adenco organiza un roteiro a pé polos vertidos do Río Tea en Ponteareas. (máis…)
Add comment 12/09/2008
Ponteareas acolle esta fin de semana os festivais de Música Electrónica e a XXI edición do Folclórico do Condado
O concello de Ponteareas acollerá esta fin de semana, dentro das actividades programadas polo concello con motivo das Festas patronais de Setembro, dous festivais musicais, a primeira edición do Festival de Música Electrónica, e a XXI edición do Festival Folclórico do Condado. (máis…)
Add comment 12/09/2008

