Archive for Outubro, 2008

Tempo de Outono no Bouza Brey

Tempo de outono, de recolleita e esfolladas, de vendimas e viño novo. Mesmo se perciben, ás veces na fin de semana, eses sons e arrecendos típicos da matanza. É hora de quentar o corpo cos alimentos que nos da a natureza: peros e castañas, tortas de cabaza, augardente recén saído da pota… (máis…)

Add comment 31/10/2008

O proxecto ‘Ríos’ de Adega limpou e examinou as beiras dos ríos do Condado

Este fin de semana de outubro foi o ultimo no que o Proxecto Ríos desenvolveu o Campamento de Voluntariado Ambiental no río Tea que se inclúe dentro do programa de Voluntariado en Ríos do Ministerio de Medio Ambiente, que se comezou o ano pasado co primeiro Campamento de Voluntariado. (máis…)

Add comment 31/10/2008

A Casa Reitoral de Santa Mariña acolle os días 29, 30 e 31 de outubro en horario de mañán a exposición didáctica itinerante “Galicia, biodiversidade”

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a Obra Social “ La Caixa”, organiza esta exposición co obxectivo de contribuir ó coñecemento e difundir a diversidade de ecosistemas, e especies que se atopan en Galicia. (máis…)

Add comment 31/10/2008

II Rallye Nocturno de Regularidade ‘Moucho do Condado’

O vindeiro día 15 de novembro de 2008 a escudería Surco organiza a segunda edición do Rallie Nocturno de Regularidade Moucho do Condado. (máis…)

Add comment 31/10/2008

O PSOE de Ponteareas renovou a súa executiva local

O pasado sábado 18 de outubro o PSdeG-PSOE de Ponteareas realizou unha asemblea extraordinaria para a elección da executiva local e os membros do Comité Nacional Galego, proseguindo o proceso iniciado desde o 37º Congreso Federal do PSOE. (máis…)

Add comment 31/10/2008

Grandal explica que a actualización das taxas é ‘unha simple subida do IPC’

O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, asegura non estar de acordo co portavoz socialista que califica a subida de taxas de “indecente” cando a subida representa segundo o rexedor local o 4,5% que corresponde ao aumento do Índice de Prezos ao Consumo, IPC, deste ano. (máis…)

Add comment 31/10/2008

Máis de medio centenar de membros da asociación española de ‘Amigos dos castelos’ de Lugo visitaron o castelo de Salvaterra

Atraídos polo interese histórico, cultural e turístico das Murallas e os elementos patrimoniais do seu interior como as covas de dona Urraca, máis de medio centenar de ‘Amigos dos castelos’ de Lugo, visitaron Salvaterra e Monçao. (máis…)

Add comment 31/10/2008

O concello de Ponteareas celebrou máis de medio cento de vodas civís no que vai de ano

O Concello de Ponteareas celebrou no que vai de 2008 un total de 52 vodas civís, o que supón un importante incremento respecto aos matrimonios celebrados en todo o ano 2007, que ascenderon a 39. Dos máis de medio cento de cerimonias celebradas entre xaneiro e outubro de 2008, o Castelo de Sobroso foi o escenario elexido polo 95 por cento das parellas o que, segundo o Goberno de Ponteareas, “ven a confirmar o atractivo deste emprazamento para os casamentos civís, xa que tanto invitados como contraentes disfrutan dun contorno privilexiado”. (máis…)

Add comment 31/10/2008

O goberno de Ponteareas pide á Xunta e ao Estado que incorporen aos orzamentos de 2009 partidas concretas para acometer investimentos pendentes na vila

O grupo de goberno do Concello de Ponteareas presentou no pleno ordinario da Corporación unha moción na que insta aos gobernos central e autonómico a incorporar aos seus orzamentos para o ano 2009 partidas concretas que reflictan o seu compromiso para investir na vila e sacar adiante importantes proxectos que aínda están pendentes. (máis…)

Add comment 31/10/2008

A Mancomunidade de Montes da Paradanta forma aos seus veciños comuneiros

O pasado día 25 de outubro, os veciños comuneiros das oito comunidades de montes veciñais en man común, que forman a Mancomunidade de Montes da Paradanta completaron o último dos módulos de formación que programaron para o ano 2008 e que comezaron no mes de setembro. (máis…)

Add comment 31/10/2008

Previous Posts


Categorías

Ligazóns

Publicidade_

RSS A PENEIRA Dixital

Feeds