Archive for Febreiro, 2009
Científicos galegos respaldan a declaración de personalidades e organizacións da sociedade civil sobre as aplicacións da biotecnoloxía
A Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) vén de presentar oficialmente na Galiza a “Declaración Estatal contra os OXM´s: A sociedade civil contra o uso de transxénicos na agricultura e na alimentación”, dentro dunha acción coordenada a nivel estatal para a transmisión deste documento respaldado pola comunidade científica e impulsado polas organizacións Amigos de la Tierra, COAG, Ecologistas en Acción, Plataforma Rural e Greenpeace. (máis…)
Add comment 27/02/2009
Juan Amaro do Club do Mar e Andra Fernández do CB As Neves gañan o II Trofeo Búscase Campión nas Neves
Este domingo celebrouse nas Neves o II Trofeo Búscase Campión Sub-17 e Sub-13 (antigos campionato galegos), organizado polo Club Bádminton As Neves e a Federación Galega de Bádminton e que conto co patrocinio do Concello das Neves, a Consellería de Cultura e Deporte, a Deputación de Pontevedra, Forxados Irmáns Durán e a colaboración de Maquinaria Lano, Cerámicas do Miño, Adegas Couto Redondo, Hotel Montesol, Abril Publicidade, Tenda Punto de Partido, Albergaria Boavista, Augas de Mondariz e Caixanova. (máis…)
Add comment 27/02/2009
O BNG de Arbo lamenta que a concellería de Cultura non organice un acto de homenaxe co gallo do bicentenario da loita entre arbenses e milicias francesas na Ponte de Mourentán
O BNG de Arbo califica de “lamentable e de falta de respecto aos seus antergos” que o goberno municipal a través da concellaría de cultura non organizase un acto de homenaxe a todos aqueles arbenses que defenderon e perderon a vida na Ponte de Mourentán. (máis…)
Add comment 27/02/2009
Chega o entroido de Meder, Salvaterra
O Entroido da parroquia salvaterrense de Meder, organizado pola Asociación Cultural e Deportiva “Os Amigos”, terá lugar o 28 de febreiro coa presentación de disfraces (ás 18.00 horas), e o décimo oitavo concurso de disfraces media hora máis tarde. Ás 22.00 horas terá lugar a bervena amenizada polos grupos América, SL e Costa Mar. A unha da madrugada premiarase o disfraz máis “orixinal e fermoso” da verbena.
Add comment 27/02/2009
O Sindicato Labrego Galego organiza as xornadas sobre a horta
Como cada ano, @s compañeir@s do Sindicato Labrego Galego na comarca de Mariña organiza un ciclo de xornadas formativas abertas destinadas aos produtores e produtoras desta zona, así como a calquera persoa interesada. Nesta ocasión, a temática a abordar será a horta, e terán lugar durante os meses de Febreiro e Marzo. (máis…)
Add comment 27/02/2009
A Deputación convoca o concurso para a contratación do programa de Balnearios 2009
A Deputación de Pontevedra fixo público o anuncio da contratación mediante procedemento aberto da xestión, organización e realización do programa diurno de balnearios correspondente ó ano 2009, para o que se estableceu unha cantidade máxima de 200.000 euros. (máis…)
Add comment 27/02/2009
O restaurante ‘Punto y Textura’ de Ponteareas celebra unhas xornadas de ‘Cociña Xaponesa’
O restaurante “Punto y Textura” de Ponteareas organiza as xornadas gastronómicas de “Cociña Xaponesa” do día 20 ao 22 de febreiro e do 27 ao día 1 de marzo.O prezo do menú será de 32€ por persona e as reservas deberán facerse no: 986 660 068 / 691 019 198 puntotextura@gmail.com
O menú será o seguinte:
Aperitivo:
Maki de salmón, aguacate e pepino (máis…)
Add comment 20/02/2009
Salvaterra comeza o entroido
Venres, 20 de febreiro:
-11:00 horas desfile de entroido dos centros educativos de Salvaterra dende o mercado á praza do concello. (máis…)
Add comment 20/02/2009
Ponteareas vístese de entroido
Programa de entroido:
Xoves, 19 de febreiro.
- 18,00 h.: Obradoiro de maquillaxe de entroido
para nenos na Biblioteca Municipal de Ponteareas. (máis…)
Add comment 20/02/2009
Mondariz celebra o entroido
O domingo 22 ás 17:00 horas desfile de comparsas e carrozas no centro urbano de Mondariz. No caso de chuvia
trasládase ao día 28 de febreiro. O concello entregará premios a todas as comparsas e carrozas e tamén a 1ª, 2ª e 3º
clasificado. Despois do desfile actuarán os Mondricos e o trío Stylo.
Add comment 20/02/2009

