Archive for Marzo, 2009
Nós-Unidade Popular denuncia os erros nas facturas da luz
Nós Unidade Popular asegura que Ponteareas non é allea “á estratexia do PSOE de facilitar aínda máis a acumulación de riqueza das empresas a conta da maioría traballadora”. (máis…)
Add comment 28/03/2009
Veciños de Salvaterra aprenden nun curso que a risa é un ben saudable
O Concello de Salvaterra, a través da Concellería de Cultura coordinada pola tenente alcalde e concelleira, Marta Valcárcel, deu por rematado este venres, 27 de marzo, o curso de risoterapia, impartido por Yasmina Souto e Sonia Míguez. (máis…)
Add comment 28/03/2009
A Comunidade de Montes de Cumiar acusa ao alcalde de Ponteareas de ‘buscar enfrontamentos’ entre os veciños
A Comunidade de Montes Veciñais de Cumiar manifesta o malestar dos veciños e a Xunta Rectora dos montes veciñais desta parroquia polas recentes decisións do goberno municipal e do propio Alcalde de Ponteareas, Salvador G. Solla, nas que deixa patente “a súa falta de respeto polas institucións veciñais, lexitimamente constituídas e recoñecidas, como ven de acontecer coa entidade veciñal do monte en man común da parroquia de Cumiar”. (máis…)
Add comment 28/03/2009
O BNG de Ponteareas califica de ‘antidemocrático’ o comportamento do PP no último pleno
O BNG considera lamentable a actitude do Partido Popular no último pleno acusándoos de “comportamentos antidemocráticos” ao impedir as comparecencias solicitadas polo BNG, dos concelleiros Andrés Sampedro e Alberto Novoa para que deran conta da xestión de áreas da súa responsabilidade como Cultura, Xuventude e Comercio e o funcionamento e manipulación da Televisión Municipal. (máis…)
Add comment 28/03/2009
O PSOE de Ponteareas propón a Nava Castro que pague ás debedas atrasadas ao autónomos e PEMES para aliviar os efectos da crise
O concelleiro socialista Delfín Domínguez explica que un dos colectivos máis afectados neste momento de crise é o dos autónomos e as PEMES (Pequenas e Medianas Empresas) que denuncian á falta de liquidez como a causa que condiciona a continuidade da súa actividade. (máis…)
Add comment 28/03/2009
O BNG felicita a Teresa Táboas pola sinatura do convenio cos afectados da PLISAN
O BNG comarcal celebra que finalmente o Consello da Xunta autorice a sinatura do convenio os afectados, donde se lle recoñece os veciños/as o dereito indemnizatorio polos recursos mineiros. Dereito que sempre foi defendido polos nacionalistas, tanto a nivel da organización comarcal do BNG, como dende a Consellería de Vivenda e Solo, dirixida por Teresa Táboas. (máis…)
Add comment 28/03/2009
A Deputación abre o prazo para contratar a 50 persoas para as oficinas turísticas da provincia
A Deputación de Pontevedra abreu un prazo dun mes para contratar a 50 personas por 6 meses, a razón de 1.000 euros de soldo mensual, para tarefas de información en oficiñas de turismo da provincia. (máis…)
Add comment 28/03/2009
Adenco pide a declaración de espazo de interese local de Cotodeira e da Carballeira de Festín, en Mondariz
A Organización ecoloxista Adenco participou na cidade da Coruña na Asemblea anual da Federación Ecoloxista Galega, da que forma parte desde a constitución da Federación. (máis…)
Add comment 28/03/2009
Ponteareas será pioneira no emprego de sistemas avanzados de comunicación para os servizos de seguridade
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, o concelleiro delegado de Tráfico e Seguridade Cidadá, Juan Carlos González Carrera e o técnico da empresa Democom, Brandán Hermo, presentaron o novo sistema de comunicación que utilizarán os servizos de seguridade, Policía Local e Bombeiros, baseado na tecnoloxía dixital, que suplirá as actuais comunicacións por radiofrecuencia, e que converterá a Ponteareas no primeiro concello pontevedrés e o segundo de Galicia, en utilizar esta nova tecnoloxía que ata o de agora só utilizaba o concello da Coruña. (máis…)
Add comment 28/03/2009
Susana Lamela presenta o seu libro ‘Soños de Andel’ o vindeiro día 3 de abril
A escritora e mestra ponteareana Susana Lamela presenta o vindeiro 3 de abril o seu libro “Soños de Andel” na librería La Vara ubicada na rúa Daniel Ojea número 6 de Ponteareas.
“Soños de Andel” que publica a editorial Edelvives presentarase ás 20:00 horas e a librería La Vara convida a todos os interesados a asistir a súa presentación.
Add comment 28/03/2009

