Archive for Abril, 2009
Louzán e Figueroa inauguran a estrada Taboexa-As Neves na que a Deputación investíu 1.255.650 euros
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o vicepresidente provincial, José Manuel Figueroa, inauguraron co alcalde de As Neves, Raúl Emilio Castro, e os alcaldes de Mondariz, Ponteareas e Salvaterra, ademais da deputada Marta Valcárcel, a E.P. 4202 Rubiós-Carrasqueira, en Taboexa, onde o organismo provincial levou a cabo as obras de mellora por importe total de 1.255.650 euros. (máis…)
Add comment 26/04/2009
Aberto o prazo de recepción de traballos para o MIVICO
Outro ano máis o festival MIVICO abre as súas portas para dar comezo a esta terceira edición. Xa están publicadas as bases e aberta a fase de inscripción para que a chegada de traballos vaia dando forma á Mostra.
O festival realizarase coma de costume o primeiro fin de semán de Outrubro ( 2, 3 e 4 de Outrubro) e o prazo de recepción de traballos está aberto dende o 23 de Abril ata o 3 de Agosto. (máis…)
Add comment 26/04/2009
A A.N.P.A do Fermín Bouza Brey asegura que o concello aínda non lle pagou ás comparsas deste centro educativo
A Asociación de Nais e Pais do colexio Fermín Bouza Brey asegura que o Concello de Ponteareas débelle ás comparsas deste centro a cantidade de 200 €, por participar no Entroido 2009 da vila. (máis…)
Add comment 26/04/2009
As empresas interesadas na construción do aparcadoiro soterrado de Ponteareas terán ata o 23 de maio para presentar as súas propostas
Ata o sábado día 23 de maio terán de prazo as empresas interesadas na construción e posterior explotación dun aparcadoiro soterrado na Praza de Bugallal e rúas anexas, para presentar as súas propostas. (máis…)
Add comment 26/04/2009
Salvaterra celebrou o ‘Día do libro’
O Concello de Salvaterra, a través da Concellería de Cultura coordinada pola tenente alcalde e concelleira, Marta Valcárcel, e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte celebraron este xoves, 23 de abril, o ‘Día do libro’, dando continuidade ás actividades nese ámbito. Esta iniciativa está dirixida para nenos/as de 4 a 5 anos. (máis…)
Add comment 26/04/2009
Esquerda Unida adianta que o consello escolar do Bouza Brey rexeita as obras de ampliación
Román Alonso, da areas de ensino de Esquerda Unida Ponteareas adianta que o consello escolar do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas rexeita a ampliación do centro. (máis…)
Add comment 26/04/2009
O BNG pide explicacións ao goberno municipal sobre as xestións realizadas con Fomento para a construcción da rotonda de Canedo, en Ponteareas
O BNG de Ponteareas, anuncia que o Pleno do presente mes de abril, a celebrar o xoves 30, ás 8 da tarde, tratará unha moción dos nacionalistas na que pedirán explicacións ao Alcalde, Salvador G. Solla e ao Concelleiro de Vías e Obras, Alberto Novoa sobre as xestións realizadas ante o Ministerio de Fomento para desbloquear a construcción da rotonda de Canedo, e así, acabar dunha vez por todas cós problemas de inseguridade viaria que ocasiona. (máis…)
Add comment 26/04/2009
Salvaterra acolle un obradoiro de memoria
O Concello de Salvaterra, a través da Concellería de Cultura coordinada pola tenente alcalde e concelleira, Marta Valcárcel, informa que está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de memoria organizado polo Concello e que se celebrará dende o 30 de abril ata o 28 de maio. (máis…)
Add comment 26/04/2009
Covelo prepara a festa do Lacón con Verzas, en Baldomar
Covelo Xa está a preparar a sexta edición da festa do Lacón con Verzas, en Baldomar. Este ano precisamente coincide coa celebración relixiosa da Santa Cruz. (máis…)
Add comment 26/04/2009
Acondicionase o Vieiro da Franqueira dende A Cañiza a Soutomaior
A Deputación de Pontevedra, a través do seu parque de maquinaria, comezou o acondicionamento do Vieiro da Franqueira para que, de cara á tempada estival e á data de celebración da tradicional romaría, o vindeiro 1 de xuño, se atope en perfectas condicións. (máis…)
Add comment 26/04/2009

