Archive for Maio, 2009
Exposición de instrumentos musicais no CEIP Virxe dos Remedios de Ponteareas
Lucía Groba, mestra especialista de Educación Musical no CeIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas organizou unha exposición de” instrumentos musicais” feitos polos nen@s coa axuda dos seus pais e nais.
“Co inxenio, imaxinación e un pouco de maña, fan “intrumentos musicais” simpáticos e………….algúns ata soan!!!!!!”
Add comment 31/05/2009
Louzán enfróntase ao PSOE polas obras da variante Lira-Salvaterra
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, manifestou que “a querela que anuncia o PSOE sobre a obra da variante de Lira (Salvaterra) é unha mostra máis da deriva, do desnorte e da incoherencia na que está sumido o PSOE de”grande hipocresía política do PSOE, que se escandaliza ante prácticas que eles fixeron, e a súa doble vara de medir, pois se as fan outros é un escándalo e se as fan eles, un servizo á cidadanía”. (máis…)
Add comment 31/05/2009
A Deputación de Pontevedra realizará entrevistas persoais para coñecer as comarcas
A Deputación de Pontevedra desenvolverá no curso do vindeiro mes de xuño un total de 500 entrevistas persoais a usuarios das dez comarcas da provincia co gallo de coñecer a situación actual dos servizos de atención a persoas existentes e a súa valoración como beneficiarios das mesmas. (máis…)
Add comment 31/05/2009
Augas de Mondariz recoñecida internacionalmente entre as mellores augas do mundo
A marca de auga premium de Augas de Mondariz, “Elite by Mondariz”, obtivo dous galardóns nos “Superior Taste Award 2009” outorgados polo International Taste and Quality Institute (iTQi) de Bruxelas. O xurado deste certame, integrado por chefs e sumilleres das principais asociacións culinarias e de sumilleres de Europa, concedeu a cualificación de tres estrelas (excepcional) á variedade de “Elite by Mondariz” sen gas e a de dúas estrelas (sobresaliente) á variedade con gas. (máis…)
Add comment 31/05/2009
Os veciños da Cañiza poderán viaxar á planta de Sogama en Cerceda totalmente de balde
O vinderio martes 2 de xuño o Concello da Cañiza está convidado a unha xornada de portas abertas de SOGAMA en Cerceda (A Coruña), por ser un dos concellos pioneiros na experiencia piloto dos composteiros nos fogares particulares. (máis…)
Add comment 31/05/2009
Aberta a inscrición para o XXXII campionato de fútbol sala de Mondariz
A concellería de deportes do concello de Mondariz organiza a XXXII edición de fútbol sala, o campionato máis antigo de Galicia. Dende o 25 de xuño ao 13 de agosto, cun máximo de trinta equipos, máis seis veteráns, desputarase este popular campionato. A data límite para inscribirse será ata o 15 de xuño. O sorteo de emparellamentos celebrarase o venres día 19 ás 21:30 horas no salón de plenos do concello.
O prezo da inscrición é de 160 euros, dos que o 50% deberán estar abonados o día do sorteo. Os premios serán de 800 euros para o primeiro clasificado, 350 euros para o segundo e 170 para o o terceiro clasificado, cun premio á deportividade de 80 euros. En veteráns haberá un primeiro premio de 270 euros e 125 euros para o segundo clasificado. Os teléfonos para inscribirse son o 986 664 306 / 628 462 054.
Add comment 31/05/2009
A Casa Museo de Diego de Giráldez abre as súas portas todos os domingos de xuño e xullo
A Casa Museo de Diego de Giráldez, na Cañiza, abríu as súas portas por terceiro ano consecutivo. Todos aqueles que desexen visitala poderán facelo ata o vindeiro día 26 de xullo os domingos en horario de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde. (máis…)
Add comment 31/05/2009
A Deputación de Pontevedra anuncia que a Confederación Hidrográfica xa remitíu o permiso para a variante Lira-Salvaterra
A Confederación Hidrográfica do Miño (CHM) remiteu o pasado luns, 18 de maio de 2008, á Deputación de Pontevedra a autorización de tala de arbores que fora demandada pola institución provincial coa finalidade de realizar a obra da variante de Lira, en Salvaterra de Miño, nas proximidades do río Bastida segundo explica a Deputación. (máis…)
Add comment 31/05/2009
Arranca o proxecto de Wimax Rural no concello de Arbo
A Deputación de Pontevedra resolveu aprobar o expediente para a contratación do servizo de telecomunicacións de banda ancha en dous proxectos piloto dentro do plan Wimax Rural que suporán un investimento de máis de 238.000 euros. (máis…)
Add comment 31/05/2009
O concello de Ponteareas acondiciona as praias fluviais
O concello de Ponteareas comezou coas labores de limpeza e adecentamento das áreas recreativas e das praias fluviais do municipio, logo de que a mellora das condicións meteorolóxicas permitiran o inicio destes traballos. (máis…)
Add comment 31/05/2009

