Archive for Xuño, 2009

O goberno de Ponteareas acusa ao BNG de falsear a realidade ao falar da liquidación das contas do 2007

O Goberno de Ponteareas, acusou hoxe ao Bloque Nacionalista Galego local, de seguir utilizando “unha táctica de verdades a medias” logo das declaracións realizadas polos nacionalistas encol da liquidación  2007 e que, segundo a viceportavoz municipal do BNG, Sandra Araúxo, elevan o déficit acumulado a máis de 14 millóns de euros. (máis…)

Add comment 25/06/2009

Torneo de baloncesto en Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra, a través da Tenencia de Alcaldía coordinada por Marta Valcárcel, levou a cabo este luns, día 22 de xuño, no pavillón municipal un torneo de baloncesto como colofón de fin de curso desta actividade. (máis…)

Add comment 25/06/2009

O PSOE de Ponteareas valora os dous anos de lexislatura do Partido Popular na vila

O PSdeG-PSOE de Ponteareas valora os dous anos de goberno do Partido Popular na vila do Corpus: (máis…)

Add comment 25/06/2009

Segundas xornadas gastronómicas en Ponteareas

O Restaurante Punto&textura, a viñoteca Eiravella e a empresa de producción de hortalizas ecolóxicas Veigaverde C.B. organizan as segundas xornadas gastronómicas, baixo o título “Mari-darte”, co obxectivo de promocionar a maridaxe das hortalizas ecolóxicas e dos viños de denominación de orixe. (máis…)

Add comment 25/06/2009

Cruz Vermella Ponteareas comeza a Aula de Xogos de verán

Dende o próximo 7 de Xullo e ata o 27 de Agosto, tódolos martes e xoves, terán lugar no Centro Multiusos as actividades da Aula de Xogos de Verán de Cruz Vermella Xuventude en Ponteareas. Os destinatarios son pequenos con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos do municipio, que participarán distribuídos en dous grupos 11:00h a 12.30h; e de 12.30h a 14h. (máis…)

Add comment 24/06/2009

O BNG asegura que o concello de Ponteareas eleva o seu déficit a 14 millóns de euros

O BNG de Ponteareas, a través da súa viceportavoz Sandra Arauxo, revelou que os últimos datos oficiais do concello de Ponteareas, correspondentes ao ano 2007, cifran en 14.030.525,03 euros o remanente negativo de tesourería ao que habería que engadir, segundo recolle textualmente o informe da interventora municipal, “a existencia de numerosas facturas pendentes de recoñecemento que agravan a situación económico financieira do concello”. (máis…)

Add comment 24/06/2009

O alcalde de Salvaterra asegura que Martínez minte

O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, manifesta que Gabriel Martínez, deputado provincial do Bloque, “mente” ao dicir que, se non se cambia o horario dos plenos municipais, é “unha discriminación e un abuso” por non poder desempeñar as súas responsabilidades. (máis…)

Add comment 24/06/2009

Curso da Cámara de Comercio en Ponteareas

Hai dous anos que o Congreso dos deputados aprobaba a Lei do Estatuto do Traballo Autónomo, na que quedaba regulada laboralmente a figura do TAED, o Traballador Autónomo Economicamente Dependente, segundo explica a Cámara de Comercio. (máis…)

Add comment 24/06/2009

O BNG acusa ao goberno do Partido Popular de Salvaterra de ‘discriminación’ ao non aprobar a modificación da celebración da data dos plenos

O portavoz do BNG no Concello de Salvaterra, Gabriel Martínez, acusa ao goberno local de discriminación ao non aprobar o cambio de data de celebración dos plenos da corporación municipal, xa que entende que a súa coincidencia coa data dos plenos da Deputación provincial lle impide exercer as súas responsabilidades. (máis…)

Add comment 24/06/2009

Primeira concentración de carros do pais en Salvaterra

O martes día 23 de xuño terá lugar a primeira concentración de carros do pais na tapería Os Foxos en Lourido, Salvaterra. Todos os carros participantes permanecerán expostos ata o vindeiro domingo día 28 de xuño. O primeiro premio será unha cea de 200 euros, o segundo premio unha cea valorada en cen euros e o terceiro premio será doutra cea de valorada e cincuenta euros.

Add comment 22/06/2009

Previous Posts


Categorías

Ligazóns

Publicidade_

RSS A PENEIRA Dixital

Feeds