Posts filed under 'A cañiza'
A parroquia de Petán, na Cañiza, celebra as festas do Cristo de Petán
A parroquia de Petán en A Cañiza celebra as festas do Cristo de Petán en honor ao Santo Cristo da Victoria e a Santísima Virxe do Dores o 24 e o 25 de xullo. A programación de festas comeza o xoves días 24 ás 13:00 horas cunha tirada de fogos a cargo do pirotécnico “Argimiro de Nigrán”. Ás 21:00 horas será o turno das orquestras “Pasarela2 e “Costa Azul”. (more…)
Add comment Julio 14, 2008
O concello da Cañiza comeza a programación do Verán Cultural
O concello da Cañiza comeza a programación do Verán Cultural con cine, teatro e deporte. Deste xeito o sábado 26 e domingo 27 haberá fútbol sala co campionato 24 horas. (more…)
Add comment Julio 14, 2008
Turismo Rías Baixas distingue a varios establecementos turístico-hosteleiros da comarca co distintivo de Calidade Turística en Destinos
Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra foi pioneira a nivel nacional ao implantar o Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) no ámbito provincial. Neste sentido, o organismo da Deputación leva desde 2005 realizando un Plan de Calidade Turística cuxa terceira fase rematou onte coa entrega dos distintivos do SICTED a 81 empresas da provincia de Pontevedra. Entre estas empresas están Vinosobroso de Mondariz, a casa de turismo rural Escribana de Torgo da Cañiza, o Pazo de Almuíña en Arbo, o Museo do Viño e da Lamprea ARABO en Arbo e a oficina de turismo de Ponteareas. (more…)
Add comment Julio 11, 2008
O Centro Comarcal A Paradanta acolle un curso de pintura, carboncillo e acuarela durante o mes de agosto
O Centro Comarcal da Paradanta acolle un curso de pintura, carboncillo e acuarela que se celebrará todos os mércores de 10:30 a 13:00 horas durante o mes de agosto. O custe do curso é de 15 euros e está aberto a tódalas idades a partires de nove anos. As inscricións poden formalizarse chamando ao 986 66 33 29 ou no propio Centro Comarcal A Paradanta na rúa Silleda s/n 36880 A Cañiza.
Add comment Julio 10, 2008
O concello da Cañiza contará cun vehículo adaptado para maiores
O concello da Cañiza ven de asinar un convenio coa entidade financiera Caixanova para a adquisición dun vehiculo adaptado que permita recoller aos maiores de todas as parroquias e trasladalos ao Centro Diurno de Nosa Señora dos Remedios en Valeixe. (more…)
Add comment Julio 4, 2008
O PSOE da Cañiza culpa ao alcalde da actual situación dos ríos Deva e Ribadil
O PSOE asegura que, en canto ás responsabilidades políticas, sí se reafirman en “que César Mera é o responsable político da actual caótica situación de contaminación medio ambiental no municipio de A Cañiza, un problema histórico que se inicia a principios da década dos anos 90, os vertidos son e foron frecuentes e reiterados nos últimos anos nos ríos Deva e Ribadil”. (more…)
Add comment Julio 3, 2008
O Centro Comarcal A Paradanta acolle un curso sobre como combater pragas e enfermidades na agricultura
O Centro Comarcal A Paradanta acolle hoxe venres 27 de xuño un cursiño gratuito titulado “Combater pragas e enfermidades na agricultura”. Este cursiño impartirase de 16:00 a 20:00 horas no centro comarcal. Para inscribirse débese chamar ao 986.66.33.29 ou por correo electrónico ccparadanta@comarcasdegalicia.com
Os organizadores avisan que é importante que os participantes aporten mostras de plantas, insectos, etc… que queren coñecer. (more…)
Add comment Junio 27, 2008
O concello da Cañiza solicita ao Ministerio de Fomento unha alternativa ao enlace 282 na autovía A-52 dirección Ourense
Nunha xornada de traballo celebrada no mes de abril en Mondariz-Balneario, á que asistiron entre outros o Presidente da Deputación Rafael Louzán, a Senadora pola provincia de Pontevedra, Dolores Pan, a os Deputad@s no Congreso Ana Pastor, Nava Castro, Javier Guerra e a tenente de alcalde da Cañiza Helena Fernández que informou ao resto dos asistentes das continuas solicitudes dos veciños de varios concellos e parroquias, entre eles A Franqueira, que para saír cara a Madrid, teñen que utilizar a estrada ata A Cañiza, pasando pola estrada de Fonte Fría, “un punto negro recoñecido”, ou saír dirección Vigo ata Batalláns, varios kms, para facelo cambio de sentido. (more…)
Add comment Junio 18, 2008
A Federación Ecoloxista Galega afirma que a ampliación do plano eólico de Galiza é ambientalmente ‘inasumible e crítica’
A Federación Ecoloxista Galega (FEG) afirma que o novo plano eólico galego é ambientalmente inasumible e crítico;, logo de coñecer da man do conselleiro de Medio Ambiente, nunha reunión entre asociacións ecoloxistas e os máximos responsables da Consellería de Medio Ambiente, que non fora posible consensuar entre Industria e Medio Ambiente un plan de áreas de exclusión que liberara zonas de importancia ecolóxica de Galicia de parques eólicos. (more…)
Add comment Junio 17, 2008
A Deputación de Pontevedra mellorará o proxecto Wimax no rural
A Deputación de Pontevedra obtivo 10,8 millóns dos Fondos Feder para dous dos 17 proxectos que presentara á convocatoria. Trátase da creación do produto turístico <Pousadas xardín do Salnés> e do Fomento da Sociedade da Información e Promoción económica en zonas rurais <Wifi/Wimax rurais>.
Pola súa banda, o proxecto Wimax rural na provincia de Pontevedra pretende dar cobertura Wimax/Wifi nas zonas rurais onde non hai rede ADSL para conexión a Internet. (more…)
Add comment Junio 16, 2008





