Posts filed under 'Arbo'
A Deputación de Pontevedra mellorará o proxecto Wimax no rural
A Deputación de Pontevedra obtivo 10,8 millóns dos Fondos Feder para dous dos 17 proxectos que presentara á convocatoria. Trátase da creación do produto turístico <Pousadas xardín do Salnés> e do Fomento da Sociedade da Información e Promoción económica en zonas rurais <Wifi/Wimax rurais>.
Pola súa banda, o proxecto Wimax rural na provincia de Pontevedra pretende dar cobertura Wimax/Wifi nas zonas rurais onde non hai rede ADSL para conexión a Internet. (more…)
Add comment Junio 16, 2008
A Consellería de Traballo destinará este ano 500.000 euros a promover a creación de emprego no agro galego

A Consellería de Traballo achegará este ano un total de 500.000 euros para promover a creación de emprego no agro galego. Así se contempla na orde que vén de publicar o Diario Oficial e Galicia e na que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias. Un dos obxectivos primordiais desta medida é incidir na incorporación das mulleres e dos mozos ao campo como base para o desenvolvemento futuro da actividade agraria. (more…)
Add comment Mayo 27, 2008
O PPdeG acusa a BNG e PSOE de paralizar a supresión do primeiro ciclo da ESO
O Partido Popular de Galiza asegura que os deputados do PSOE e do BNG rexeitaron onte cos seus votos no Pleno do Parlamento unha proposición non de lei coa que o Grupo Popular reclamaba un cambio de rumbo da Xunta para manter o primeiro ciclo da ESO (equivalentes ao 7º e 8º da antiga EXB) nunha ducia de concellos de Lugo, Ourense e Pontevedra. (more…)
Add comment Mayo 15, 2008
A Consellería de Medio Ambiente acometerá o abastecemento integral do concello de Arbo
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible acometerá as obras de abastecemento integral do concello pontevedrés de Arbo. Así llo confirmou o conselleiro, Manuel Vázquez, ao rexedor do municipio, Manuel Rivera, nunha reunión celebrada onte en Santiago. (more…)
Add comment Mayo 14, 2008
O BNG de Arbo apoia as reivindicacións da ANPA do colexio Antonio Carpintero
O BNG de Arbo ven de apoiar todas as iniciativas da ANPA no pasado pleno extraordinario que se celebrou por mor da problemática que están a sufrir as nais e pais arbenses de que os seus fillos e fillas teñan que cambiar de centro educativo para realizar os seus estudos do ESO; para lograr que a Consellería de Educación a través da Delegación Provincial de Educación tome a decisión de agrupar aos estudantes do ESO do Concello de Crecente e Arbo no IES Mestre Antonio Carpintero. (more…)
Add comment Mayo 12, 2008
A Deputación organizará concursos comarcais de Bandas de Música
A Deputación de Pontevedra aprobou onte a celebración dos primeiros concursos zonais de bandas de música que terán lugar o 5 de xullo en Deza, o 6 en Pontevedra, o 12 en Vigo, o 19 na zona sur e o 20 no Salnés. (more…)
Add comment Mayo 8, 2008
A Deputación de Pontevedra presenta as bases do VIII Certame Provincial de Bandas de Música
A Deputación de Pontevedra presentou as bases do VIII Certame Provincial de Bandas de Música, que terá lugar os días 3, 4 e 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra, e ó que poderán optar todas as bandas de música da provincia que o desexen. (more…)
Add comment Mayo 7, 2008
A exposición fotográfica ‘Sida, a outra cara da fame’ chega ao centro comarcal da Paradanta
Acción contra a Fame trae ao Centro Comarcal da Paradanta unha exposición fotográfica co fin de amosar e facer chegar a todos os rincóns o alcance desta praga do século XXI, o SIDA.
Aínda que o número de afectados en todo o mundo segue crecendo de maneira global, é nos países máis pobres onde esta pandemia mata cada día a máis xente. Dos 42 millóns de enfermos que se contabilizan no planeta, o 95% está no Terceiro Mundo. (more…)
Add comment Mayo 2, 2008
A Comunidade de Montes de Vide, As Neves, convida a todos os participantes na festa da Lamprea a visitar a Casa da Auga de Vide e o patrimonio etnográfico da zona
A Comunidade de Montes convida a todos os interesados e tamén a todos aqueles que se acheguen ata a 48ª Festa da Lamprea de Arbo, a visitar o patrimonio natural e cultural desta zona do Condado. No Concello das Neves e concretamente na parroquia de Vide, colindante con Arbo, pódese visitar a “Casa da Auga”, (more…)
Add comment Abril 24, 2008
O PPdeG insta á Xunta a paralizar a supresión do primeiro ciclo de ESO nos colexios de Arbo, Covelo e Crecente
A portavoz de Educación do Grupo Popular, Manuela López Besteiro, instou á Xunta a paralizar a anunciada supresión do primeiro ciclo de E.S.O. nos concellos pontevedreses de Covelo, A Golada, Crecente e Arbo e os lucenses de Abadín, Baleira, O Incio, Paradela, Portomarín, Samos e Triacastela. (more…)
Add comment Abril 24, 2008




