Posts filed under 'As Neves'

O Centro Comarcal A Paradanta acolle un curso sobre como combater pragas e enfermidades na agricultura

O Centro Comarcal A Paradanta acolle hoxe venres 27 de xuño un cursiño gratuito titulado “Combater pragas e enfermidades na agricultura”. Este cursiño impartirase de 16:00 a 20:00 horas no centro comarcal. Para inscribirse débese chamar ao 986.66.33.29 ou por correo electrónico ccparadanta@comarcasdegalicia.com
Os organizadores avisan que é importante que os participantes aporten mostras de plantas, insectos, etc… que queren coñecer. (more…)


Add comment Junio 27, 2008

A Federación Ecoloxista Galega afirma que a ampliación do plano eólico de Galiza é ambientalmente ‘inasumible e crítica’

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) afirma que o novo plano eólico galego é ambientalmente inasumible e crítico;, logo de coñecer da man do conselleiro de Medio Ambiente, nunha reunión entre asociacións ecoloxistas e os máximos responsables da Consellería de Medio Ambiente, que non fora posible consensuar entre Industria e Medio Ambiente un plan  de áreas de exclusión que liberara zonas de importancia ecolóxica de Galicia de parques eólicos. (more…)


Add comment Junio 17, 2008

A Deputación de Pontevedra mellorará o proxecto Wimax no rural

A Deputación de Pontevedra obtivo 10,8 millóns dos Fondos Feder para dous dos 17 proxectos que presentara á convocatoria. Trátase da creación do produto turístico <Pousadas xardín do Salnés> e do Fomento da Sociedade da Información e Promoción económica en zonas rurais <Wifi/Wimax rurais>.
Pola súa banda, o proxecto Wimax rural na provincia de Pontevedra pretende dar cobertura Wimax/Wifi nas zonas rurais onde non hai rede ADSL para conexión a Internet. (more…)


Add comment Junio 16, 2008

Enrique García Ojeda gaña a última edición do Rallye Rías Baixas

O piloto de Peugeot Sport España, Enrique García Ojeda, aos mandos do Peugeot 207 Super 2000, foi o brillante vencedor do Rallye Rías Baixas, cuarta proba puntuable para o Campionato de España de Rallyes, que se desputou o sábado día 31 de maio. (more…)


Add comment Junio 2, 2008

Durán, Solla e Castro reuníronse coas Bandas de Música do sur da provincia para explicarlles as normas da I Certame Zonal

O vicepresidente e deputado de Cultura, José Juan Durán, o alcalde de Ponteareas, Salvador González, e o alcalde de As Neves, Raul Emilio Castro, reuníronse onte coas agrupacións participantes no I o primeiro Concurso de Bandas de Música do sur da provincia para explicarlles as normas do certame (clasificacións, premios, obras…). (more…)


Add comment Mayo 29, 2008

Adenco solicita á organización do Rallye Rías Baixas a limpeza das beiras das estradas dos treitos

O Grupo Ecoloxista Adenco solicitou nos pasados días á organización do Rallye Rías Baixas que inste aos afeccionados que asistan aos diferentes treitos a que deixen os lugares nos que ven o espectáculo nas mesmas condicións que estaban con anterioridade. Ademais, subsidiariamente, Adenco solicítalle á organización que prevea un equipo de limpeza para manter as beiras das estradas nas mesmas condicións que antes do paso do Rallye. (more…)


Add comment Mayo 28, 2008

Mapa dos tramos descripción 44 Rallye Rías Baixas-Redcom


Add comment Mayo 28, 2008

A escudería Rías Baixas presentou en Vigo a 44ª edición do Rallye Rías Baixas Redcom


A escudería Rías Baixas presentou hoxe no salón de actos de Begano, en Vigo, ante os medios de comunicación o 44º RALLYE RÍAS BAIXAS REDCOM. (more…)


Add comment Mayo 27, 2008

A Consellería de Traballo destinará este ano 500.000 euros a promover a creación de emprego no agro galego


A Consellería de Traballo achegará este ano un total de 500.000 euros para promover a creación de emprego no agro galego. Así se contempla na orde que vén de publicar o Diario Oficial e Galicia e na que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias. Un dos obxectivos primordiais desta medida é incidir na incorporación das mulleres e dos mozos ao campo como base para o desenvolvemento futuro da actividade agraria. (more…)


Add comment Mayo 27, 2008

A Assembleia de Mulheres do Condado convoca o V Certame Literario Feminista do Condado

A Assembleia de Mulheres do Condado (AMC) convoca o V Certame Literario Feminista do Condado co obxectivo de reivindicar os dereitos das mulleres e denunciar a súa marxinación. As bases do concurso son as seguintes: (more…)


Add comment Mayo 23, 2008

Next Posts Previous Posts


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds