Posts filed under 'Condado-Paradanta'

Cambiamos de dirección. Clica na imaxe para acceder á nova

Cambio de dirección do Condado

Cambiamos de dirección esta páxina pasa a estar ubicada no seguinte enderezo

Add comment 09/10/2009

Malditos hipócritas! : artigo de Casilda González Rodríguez

O  23 de maio realicei a proba do Celga 4, o 24 a do Celga 2 e o 30 a do Celga 3. Xa ven, máis de 45 euros gastados en taxas, pero  necesitaba comparar os meus coñecementos cos dos señores gobernantes. Por fin, xa o teño claro, probablemente moitos deles non superarían nin o Celga 1. (máis…)

Add comment 22/06/2009

Aberta a inscrición para o XXXII campionato de fútbol sala de Mondariz

A concellería de deportes do concello de Mondariz organiza a XXXII edición de fútbol sala, o campionato máis antigo de Galicia. Dende o 25 de xuño ao 13 de agosto, cun máximo de trinta equipos, máis seis veteráns, desputarase este popular campionato. A data límite para inscribirse será ata o 15 de xuño. O sorteo de emparellamentos celebrarase o venres día 19 ás 21:30 horas no salón de plenos do concello.
O prezo da inscrición é de 160 euros, dos que o 50% deberán estar abonados o día do sorteo. Os premios serán de 800 euros para o primeiro clasificado, 350 euros para o segundo e 170 para o o terceiro clasificado, cun premio á deportividade de 80 euros. En veteráns haberá un primeiro premio de 270 euros e 125 euros para o segundo clasificado. Os teléfonos para inscribirse son o 986 664 306 / 628 462 054.

Add comment 31/05/2009

A veciñanza de San Vicente e Canedo obten o apoio de Nós-UP

A veciñanza de San Vicente e Canedo que leva tempo esixindo o dereito  a un acceso aos seus barrios en condicións seguras e contan co apoio oficial de Nós-UP. (máis…)

Add comment 14/04/2009

Cruz Vermella Xuventude de Ponteareas organiza os campamentos urbanos de Semana Santa para cativos de 8 a 12 anos de idade

O vindeiro 6 de Abril dará comezo o xa tradicional Campamento Urbano de Semana Santa da Cruz Vermella Ponteareas, baixo o título “Unha viaxe con Tinker Bell”, que a Asemblea Local de Cruz Vermella Xuventude en Ponteares organizou para máis de 30 nenos do concello ponteareán. (máis…)

Add comment 28/03/2009

O alcalde de Ponteareas asina o convenio para executar a cuarta fase das obras da casa cultural de San Mateo

O alcalde de Ponteareas, o popular Salvador González Solla, asinou hoxe na dirección xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte o convenio para executar a cuarta fase das obras da Casa Cultural San Mateo, por un importe de 60.000 euros. (máis…)

Add comment 12/09/2008

Cruz Vermella Ponteareas organiza un curso de primeiros auxilios na Casa Cultural de Areas

Cruz Vermella celebrará un curso de “Primeiros Auxilios” nas instalacións da Casa Cultural de Areas, en Ponteareas. O curso comezará o vindeiro día 12 de maio e desenvolverase os días 13, 14, 15, 19, 20, 21,22,27,28 e 29 de maio. A acción formativa,destinada á poboación en xeral, consta de 42 horas teóricas e prácticas, desenvolvidas en 10 módulos que se realizarán en horario de 17 a 21 horas. (máis…)

Add comment 24/04/2008

Os campistas terán unha zona reservada para a Romería da Picaraña, en Ponteareas

O Concello de Ponteareas habilitou, no albergue xuvenil da Picaraña, unha zona de acampada para que todos os veciños e veciñas que desexen participar na tradicional Romaría da Picaraña poidan asistir á festa, que terá lugar o vindeiro 1 de maio. (máis…)

Add comment 24/04/2008

O concello de Ponteareas amplía a campaña de recollida de aceites usados ás comunidades de propietarios e centros parroquiais

O Concello de Ponteareas ampliou o convenio de colaboración asinado coas empresas Nutrigrás e Protección Medioambiental S.L., para a posta en marcha dunha campaña municipal de recollida de aceites domésticos usados para a súa reciclaxe nas comunidades de propietarios e nos centros parroquias do termo municipal que así o requiran. (máis…)

Add comment 07/04/2008

Máis de setenta alumnos do IES de Salvaterra viaxan a Andorra e San Isidro

viajeandorra.jpg 

O concello de Salvaterra, a través da concellería de Mocidade e Deportes coordinada por Marta Valcárcel, colabora na organización de dúas viaxes que levarán aos estudantes do IES de Salvaterra a Andorra e á estación de neve de San Isidro (León). (máis…)

Add comment 10/03/2008

Previous Posts


Categorías

Ligazóns

Publicidade_

RSS A PENEIRA Dixital

Feeds