
O Partido Popular de Galiza asegura que os deputados do PSOE e do BNG rexeitaron onte cos seus votos no Pleno do Parlamento unha proposición non de lei coa que o Grupo Popular reclamaba un cambio de rumbo da Xunta para manter o primeiro ciclo da ESO (equivalentes ao 7º e 8º da antiga EXB) nunha ducia de concellos de Lugo, Ourense e Pontevedra. (more…)
Mayo 15, 2008

A caza dos paxaros que se achegan ás hortas, o emprego de elementos máis innovadores como poden ser botes e garrafas entrechocándose e producindo sons, deixaron completamente de lado ás vestimentas arroupando estacas, engalanando a maioría das veigas. (more…)
Mayo 8, 2008
A Deputación de Pontevedra aprobou onte a celebración dos primeiros concursos zonais de bandas de música que terán lugar o 5 de xullo en Deza, o 6 en Pontevedra, o 12 en Vigo, o 19 na zona sur e o 20 no Salnés. (more…)
Mayo 8, 2008

O pasado mes de abril o BNG de Covelo presentou alegacións contra a licenza de explotación da canteira de Campo en Covelo. O BNG de Covelo a través do seu responsable local, Francisco Rocha, tilda de “hipócrita” a actidude do PP coa connivencia do PSOE. (more…)
Mayo 7, 2008

Acción contra a Fame trae ao Centro Comarcal da Paradanta unha exposición fotográfica co fin de amosar e facer chegar a todos os rincóns o alcance desta praga do século XXI, o SIDA.
Aínda que o número de afectados en todo o mundo segue crecendo de maneira global, é nos países máis pobres onde esta pandemia mata cada día a máis xente. Dos 42 millóns de enfermos que se contabilizan no planeta, o 95% está no Terceiro Mundo. (more…)
Mayo 2, 2008

Este domingo día 4 de maio celebrarase a tradicional e multitudinaria romeraía da Virxe da Xestosa, esta romería está considerada como un dos actos relixiosos máis importantes no concello de Covelo e zona do Riveiro. (more…)
Abril 30, 2008
A portavoz de Educación do Grupo Popular, Manuela López Besteiro, instou á Xunta a paralizar a anunciada supresión do primeiro ciclo de E.S.O. nos concellos pontevedreses de Covelo, A Golada, Crecente e Arbo e os lucenses de Abadín, Baleira, O Incio, Paradela, Portomarín, Samos e Triacastela. (more…)
Abril 24, 2008
A Deputación de Pontevedra celebrará os vindeiros 7 e 8 do vindeiro mes de maio as V Xornadas de Urbanismo da institución proivincial, concebidas como un Foro de Debate sobre a situación actual do urbanismo en Galicia dende a óptica local. (more…)
Abril 18, 2008

O grupo ecoloxista Adenco solicita que se tomen as medidas urxentes que se consideren precisas dende a administración competente para coñecer se as obras da estrada PO-261 Mondariz-Covelo contan cos permisos necesarios e se pasaron “correctamente” os trámites de exposición pública do proxecto de participación cidadá xa que, segundo Adenco, un importante número de patrimonio que se atopa á beira desta estrada podería ser danado. (more…)
Abril 18, 2008