Posts filed under 'Covelo'

O concello de Covelo acolle un curso gratuíto de capacitación como traballador forestal

O concello de Covelo acollerá un curso de traballador forestal totalmente de balde.  Azetanet, consultoría e formación situada na Coruña oferta un curso de traballador forestal en Covelo orientado a traballar no sector forestal galego. (more…)


Add comment Julio 14, 2008

A Axencia de Sostibilidade do concello de Covelo oferta 16 prazas de campamento de balde e organiza un concurso de fotografía

A Axencia de Sostibilidade do Concello de Covelo oferta 16 prazas de campamento no Programa Naturaqua na Rede de Centros o Aire Libre en Taboada en Ourense. A oferta dirixida aos mozos de dez a catorce anos, é un modo alternativo e lúdico de coñecer e respectar o medio ambiente, nunha zona como a Ribeira Sacra que conta cunha paisaxe, e unha riqueza natural e patrimonial de excepcional relevancia. (more…)


Add comment Julio 1, 2008

O BNG de Covelo esixe explicacións polo atraso da execución do polígono industrial

O Bloque Nacionalista Galego de Covelo esixe explicacións ao grupo de goberno polo atraso da execución do polígono industrial e solicita a comparecencia do alcalde no vindeiro pleno ordinario. (more…)


Add comment Julio 1, 2008

O Centro Comarcal A Paradanta acolle un curso sobre como combater pragas e enfermidades na agricultura

O Centro Comarcal A Paradanta acolle hoxe venres 27 de xuño un cursiño gratuito titulado “Combater pragas e enfermidades na agricultura”. Este cursiño impartirase de 16:00 a 20:00 horas no centro comarcal. Para inscribirse débese chamar ao 986.66.33.29 ou por correo electrónico ccparadanta@comarcasdegalicia.com
Os organizadores avisan que é importante que os participantes aporten mostras de plantas, insectos, etc… que queren coñecer. (more…)


Add comment Junio 27, 2008

A Assemblea do Suído aclara as medidas de protección que existen para a Serra do Suído

A Assemblea do Suído asegura,arredor da falla de protección da Serra do Suído perante novos proxectos mineiros e aproveitamentos eólicos, que leva traballando en solitario no ámbito municipal para conseguir a inclusión da Serra do Suído na rede Natura 2000 e contra os proxectos que poñen en perigo os seus valores naturais, dende hai case dez anos. (more…)


Add comment Junio 26, 2008

Louzán e Costa valoran o estado das expropiacións do polígono de Covelo e a adhesión do concello ao Consorcio de Residuos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, recibiu no Pazo Provincial ó alcalde de Covelo, José Costa Díaz, para valorar varios asuntos tocantes ó concello. (more…)


Add comment Junio 25, 2008

A Federación Ecoloxista Galega afirma que a ampliación do plano eólico de Galiza é ambientalmente ‘inasumible e crítica’

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) afirma que o novo plano eólico galego é ambientalmente inasumible e crítico;, logo de coñecer da man do conselleiro de Medio Ambiente, nunha reunión entre asociacións ecoloxistas e os máximos responsables da Consellería de Medio Ambiente, que non fora posible consensuar entre Industria e Medio Ambiente un plan  de áreas de exclusión que liberara zonas de importancia ecolóxica de Galicia de parques eólicos. (more…)


Add comment Junio 17, 2008

A Deputación de Pontevedra mellorará o proxecto Wimax no rural

A Deputación de Pontevedra obtivo 10,8 millóns dos Fondos Feder para dous dos 17 proxectos que presentara á convocatoria. Trátase da creación do produto turístico <Pousadas xardín do Salnés> e do Fomento da Sociedade da Información e Promoción económica en zonas rurais <Wifi/Wimax rurais>.
Pola súa banda, o proxecto Wimax rural na provincia de Pontevedra pretende dar cobertura Wimax/Wifi nas zonas rurais onde non hai rede ADSL para conexión a Internet. (more…)


Add comment Junio 16, 2008

A Asemblea do Suído denuncia a morte de aves protexidas na serra do Suído ao colisionar en voo cos aeroxeneradores

A Asemblea do Suído asegura que, en tan só un ano escaso da súa entrada en funcionamento, o parque eólico do Suído feito por EUROVENTO, SL e logo vendido a ACCIONA comeza a matar a avifauna protexida. (more…)


Add comment Junio 3, 2008

O Centro de Estudos da Paradanta e O Condado súmase ás protestas en contra da explotación canteira na Serra do Suído

O Centro de Estudos da Paradanta e O Condado súmase á longa lista de asociacións, entidades e particulares que se opoñen á explotación dunha canteira na Serra do Suído, “tal e como pretende o empresario Alberto Piñana, xa que supón unha gravísima agresión a un entorno natural que debe ser protexido”. (more…)


Add comment Junio 3, 2008

Next Posts Previous Posts


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds