
O Partido Popular de Galiza asegura que os deputados do PSOE e do BNG rexeitaron onte cos seus votos no Pleno do Parlamento unha proposición non de lei coa que o Grupo Popular reclamaba un cambio de rumbo da Xunta para manter o primeiro ciclo da ESO (equivalentes ao 7º e 8º da antiga EXB) nunha ducia de concellos de Lugo, Ourense e Pontevedra. (more…)
Mayo 15, 2008

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes ven de autorizar a redacción dun proxecto modificado para as obras de mellora que se están a acometer na estrada PO-801 entre Filgueira (no concello de Crecente) e o límite da provincia de Pontevedra con Ourense. Esta modificación ten como finalidade protexer aínda máis os elementos patrimoniais (muíños, ponte e Camiño Real) que se atopan no contorno. (more…)
Mayo 13, 2008
A Deputación de Pontevedra aprobou onte a celebración dos primeiros concursos zonais de bandas de música que terán lugar o 5 de xullo en Deza, o 6 en Pontevedra, o 12 en Vigo, o 19 na zona sur e o 20 no Salnés. (more…)
Mayo 8, 2008

Acción contra a Fame trae ao Centro Comarcal da Paradanta unha exposición fotográfica co fin de amosar e facer chegar a todos os rincóns o alcance desta praga do século XXI, o SIDA.
Aínda que o número de afectados en todo o mundo segue crecendo de maneira global, é nos países máis pobres onde esta pandemia mata cada día a máis xente. Dos 42 millóns de enfermos que se contabilizan no planeta, o 95% está no Terceiro Mundo. (more…)
Mayo 2, 2008

As obras de mellora e acondicionamento da estrada entre Filgueira e o límite da provincia de Ourense (PO-801) esixiron o peche desta estrada desde as 00.00 horas do pasado luns, 28 de abril, por un período aproximado de seis meses. (more…)
Abril 30, 2008

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha proposición non de lei na Cámara Baixa na que insta ao Goberno a acometer obras de saneamento e rexeneración medioambiental no río Ribadil ao seu paso polo concello de Crecente, concretamente na parroquia de Ribeira. (more…)
Abril 25, 2008
A portavoz de Educación do Grupo Popular, Manuela López Besteiro, instou á Xunta a paralizar a anunciada supresión do primeiro ciclo de E.S.O. nos concellos pontevedreses de Covelo, A Golada, Crecente e Arbo e os lucenses de Abadín, Baleira, O Incio, Paradela, Portomarín, Samos e Triacastela. (more…)
Abril 24, 2008

A Consellería de Política Territorial,Obras Públicas e Transportes incorporará unha serie de melloras ao proxecto de acondicionamento da estrada PO-801 entre Filgueira (no concello de Crecente) e o límite da provincia de Pontevedra con Ourense, co fin de protexer os elementos patrimoniais (muíños, ponte e Camiño Real) que se atopan no entorno da obra que se está a executar. (more…)
Abril 18, 2008
A Deputación de Pontevedra celebrará os vindeiros 7 e 8 do vindeiro mes de maio as V Xornadas de Urbanismo da institución proivincial, concebidas como un Foro de Debate sobre a situación actual do urbanismo en Galicia dende a óptica local. (more…)
Abril 18, 2008
A parroquia de Angudes celebra esta fin de semana o seu tradicional serán no que non faltará a boa gastronomía, a música galega e o baile. A cita será este sábado día 12 de abril a partires das nove da noite na parroquia de Angudes, Crecente. Á beira do río Miño os asistentes poderán gozar ao son das gaitas e pandeiretas que traerán ducias de grupos chegados de toda a xeografía galega. A organización xa dispuxo unha carpa baixo a que bailarán todos os participantes.
Abril 9, 2008