Posts filed under 'Crecente'
A Federación Ecoloxista Galega afirma que a ampliación do plano eólico de Galiza é ambientalmente ‘inasumible e crítica’
A Federación Ecoloxista Galega (FEG) afirma que o novo plano eólico galego é ambientalmente inasumible e crítico;, logo de coñecer da man do conselleiro de Medio Ambiente, nunha reunión entre asociacións ecoloxistas e os máximos responsables da Consellería de Medio Ambiente, que non fora posible consensuar entre Industria e Medio Ambiente un plan de áreas de exclusión que liberara zonas de importancia ecolóxica de Galicia de parques eólicos. (more…)
Add comment Junio 17, 2008
A Deputación de Pontevedra mellorará o proxecto Wimax no rural
A Deputación de Pontevedra obtivo 10,8 millóns dos Fondos Feder para dous dos 17 proxectos que presentara á convocatoria. Trátase da creación do produto turístico <Pousadas xardín do Salnés> e do Fomento da Sociedade da Información e Promoción económica en zonas rurais <Wifi/Wimax rurais>.
Pola súa banda, o proxecto Wimax rural na provincia de Pontevedra pretende dar cobertura Wimax/Wifi nas zonas rurais onde non hai rede ADSL para conexión a Internet. (more…)
Add comment Junio 16, 2008
A Asociación Cultural ‘O Garabano’ presenta no auditorio de Crecente o primeiro número da revista ‘O Garabano da Cultura’
A Asociación Cultural O Garabano de Crecente presenta este sábado día 31 de maio ás 20:00 horas o número cero da súa primeira revista de difusión cultural “O Garabano da Cultura”. A presentación terá lugar no auditorio do concello de Crecente. Trátase dunha publicación sen ánimo de lucro que quere rescatar a memoria histórica do concello e por en valor a beleza paisaxística da zona. Nu sumario deste número cero inclúense a nivel xeral seccións fixas como “a nosa historia”, “os nosos personaxes”, “as nosas parroquias”, “natureza”, “o noso patrimonio”, “reflexións” eo “o garabano da escola”. Neste primeiro número contan coa colaboración do C.E.I.P Crecente, Ovidio Veloso e Beatriz Ramos. (more…)
1 comment Mayo 29, 2008
O PSOE de Crecente pide no pleno da corporación a retirada de simboloxía fascista do edificio do concello e o arranxo de estradas e infraestructuras
O grupo municipal socialista no concello de Crecente Grupo Municipal presentará unha moción no pleno de hoxe instando á Deputación provincial a que sinalice e acondicione urxentemente un cruce da estrada provincial 5005 da Cañiza-Pousa. (more…)
Add comment Mayo 29, 2008
A Consellería de Traballo destinará este ano 500.000 euros a promover a creación de emprego no agro galego

A Consellería de Traballo achegará este ano un total de 500.000 euros para promover a creación de emprego no agro galego. Así se contempla na orde que vén de publicar o Diario Oficial e Galicia e na que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias. Un dos obxectivos primordiais desta medida é incidir na incorporación das mulleres e dos mozos ao campo como base para o desenvolvemento futuro da actividade agraria. (more…)
Add comment Mayo 27, 2008
O PPdeG acusa a BNG e PSOE de paralizar a supresión do primeiro ciclo da ESO
O Partido Popular de Galiza asegura que os deputados do PSOE e do BNG rexeitaron onte cos seus votos no Pleno do Parlamento unha proposición non de lei coa que o Grupo Popular reclamaba un cambio de rumbo da Xunta para manter o primeiro ciclo da ESO (equivalentes ao 7º e 8º da antiga EXB) nunha ducia de concellos de Lugo, Ourense e Pontevedra. (more…)
Add comment Mayo 15, 2008
Política Territorial mellora o proxecto da estrada Crecente-Ribadavia incorporando un viaduto e unha variante que permitirán alonxar a vía dos elementos patrimoniais próximos

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes ven de autorizar a redacción dun proxecto modificado para as obras de mellora que se están a acometer na estrada PO-801 entre Filgueira (no concello de Crecente) e o límite da provincia de Pontevedra con Ourense. Esta modificación ten como finalidade protexer aínda máis os elementos patrimoniais (muíños, ponte e Camiño Real) que se atopan no contorno. (more…)
Add comment Mayo 13, 2008
A Deputación organizará concursos comarcais de Bandas de Música
A Deputación de Pontevedra aprobou onte a celebración dos primeiros concursos zonais de bandas de música que terán lugar o 5 de xullo en Deza, o 6 en Pontevedra, o 12 en Vigo, o 19 na zona sur e o 20 no Salnés. (more…)
Add comment Mayo 8, 2008
A exposición fotográfica ‘Sida, a outra cara da fame’ chega ao centro comarcal da Paradanta
Acción contra a Fame trae ao Centro Comarcal da Paradanta unha exposición fotográfica co fin de amosar e facer chegar a todos os rincóns o alcance desta praga do século XXI, o SIDA.
Aínda que o número de afectados en todo o mundo segue crecendo de maneira global, é nos países máis pobres onde esta pandemia mata cada día a máis xente. Dos 42 millóns de enfermos que se contabilizan no planeta, o 95% está no Terceiro Mundo. (more…)
Add comment Mayo 2, 2008
As obras na estrada entre Filgueira e o límite provincial con Ourense obrigan a pechar o tráfico dende o luns
As obras de mellora e acondicionamento da estrada entre Filgueira e o límite da provincia de Ourense (PO-801) esixiron o peche desta estrada desde as 00.00 horas do pasado luns, 28 de abril, por un período aproximado de seis meses. (more…)
Add comment Abril 30, 2008






